Junkers Ju 87

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Junkers Ju 87
Bundesarchiv Bild 101I-329-2984-05A, Russland, Junkers Ju 87.jpg
Stuka en Rusia en xaneiro de 1943
Tipo Bombardeiro
Fabricante Junkers
Primeiro voo 1936
Retirado 1945

O Junkers Ju 87 ou Stuka (de Sturzkampfflugzeug, bombardeiro en picado en alemán) foi un bombardeiro en picado da Luftwaffe durante a Segunda Guerra Mundial. É famoso por ser un dos protagonistas da Blitzkrieg de Hitler. Fixo a súa aparición en cambate na Guerra Civil española e participou en todas as frontes durante a Segunda Guerra Mundial. O Ju 87 era moi preciso en ataques contra barcos, aeroportos e fábricas, pero vulnerable aos ataques de cazas.

Durante a Guerra Civil española os alemáns enviaron en novembro de 1936 un exemplar de preprodución Ju 87A-0 para avalialo, e a finais de 1937 chegaron 5 Ju 87A-1 que empregaría a Lexión Cóndor. A Lexión Cóndor mantivo en segredo as actividades deste avión, e só se sabe que en febreiro de 1937 o Ju 87A-0 de preprodución estivo en Vitoria durante os preparativos da ofensiva de Bilbao.

Estes serían substituídos en outubro de 1938 por outros 5 Ju 87B-1, cun motor máis potente, mellor armamento ofensivo e estrutura revisada.