Saltar ao contido

Juniperus procera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Juniperus procera é unha conífera orixinaria das zonas montañosas de África e da península Arábiga.

É unha árbore característica da flora afromontana.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Juniperus procera foi descrita por Hochst. ex Endl. e publicado en Synopsis Coniferarum 26. 1847.[1][3][4]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Juniperus: nome xenérico que procede do latín iuniperus, que é o nome do xenebreiro.[5]

procera: epíteto latíno que significa "alto".[6]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Juniperus abyssinica K.Koch
  • Juniperus hochstetteri Antoine
  • Sabina procera (Hochst. ex Endl.) Antoine[7][8]

Características

[editar | editar a fonte]

Juniperus procera é unha árbore de tamaño mediano que alcanza unha altura de 20-25 m (raramente 40 m), cun tronco de até 1,5 ou 2 m de diámetro e unha ampla copa arredondeada ou irregular de forma cónica.

As follas son de dúas formas, as xuvenís en forma de agulla, con follas de 8-15 mm de longo en plántulas, e as adultas en forma de escama de 0,5-3 mm de longo nas plantas máis vellas, dispostas en parellas o en verticilos de tres.

É en gran parte dioica, con plantas masculinas e femininas separadas, pero algunhas plantas individuais presentan espécimes de ambos os sexos.

Os conos con bagas, de 4-8 mm de diámetro, de cor negra azulada cunha flor cerosa abrancazada, e que contén 2-5 sementes que maduran en 12-18 meses. Os conos masculinos miden 3-5 mm de longo, e verten seu pole en primavera.[9]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Juniperus procera é orixinaria da península Arábiga (en Arabia Saudita e o Iemen), e do noroeste, leste, centro-oeste e sur da África tropical (Djibuti, Eritrea, Etiopía, Kenya, Malaui, Mozambique, República Democrática do Congo, República do Congo, Somalia, Sudán, Tanzania, Uganda, Zambia e Zimbabue.[2]

É o único xenebreiro que se encontra ao sur da liña ecuatorial, e pénsase que é un colonizador relativamente recente de África; a especie mostra moi pequena variabilidade, asociada cun longo período de evolución.[10]

Especie relacionada

[editar | editar a fonte]

Está estreitamente relacionado con Juniperus excelsa, do suroeste de Asia, probabelmente derivado dun antepasado común.

É unha árbore importante pola súaa madeira, que se utiliza para a construción de vivendas, para postes, e para mobiliario. A casca utilízase para a construción de colmeas.

  1. 1,0 1,1 "Name - Juniperus procera Hochst. ex Endl.". Tropicos. Saint Louis, Missouri: Missouri Botanical Garden. Consultado o 14 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Germplasm Resources Information Network (GRIN) (12 de agosto de 2010). "Juniperus procera". Taxonomy for Plants. Beltsville, Maryland: National Germplasm Resources Laboratory: United States Department of Agriculture (USDA). Consultado o 14 de febreiro de 2022. 
  3. "Juniperus procera". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 14 de febreiro de 2022. 
  4. Original description by Stephano Endlicher (1847). "Synopsis Coniferarum" (en latín). Sangalli [together with] Scheitlin & Zollikofer. p. 26. Consultado o 14 de febreiro de 2022. Schimper Herb. Abyssin. II. n. 537 
  5. Juniperus en Flora de Canarias.
  6. En Epítetos Botánicos.
  7. "TPL, treatment of Juniperus procera". The Plant List; Versión 1. Royal Botanic Gardens, Kew and Missouri Botanical Garden. 2010. Consultado o 14 de febeiro de 2022. 
  8. Juniperus procera en PlantList
  9. (Arquivada en Wayback Machine). Christopher J. Earle (14 de abril de 2009). "The Gymnosperm Database – Juniperus procera". Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2010. Consultado o 14 de febreiro de 2022. 
  10. Farjon, A. (2005). Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 1-84246-068-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Adams, R. P. (2004): Junipers of the World: The genus Juniperus. Victoria: Trafford. ISBN 1-4120-4250-X.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]