June Almeida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
June Almeida
Datos persoais
Nome completoJune Dalziel Hart
Nacemento5 de outubro de 1930
LugarGlasgow
Falecemento1 de decembro de 2007
LugarBexhill-on-Sea
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeReino Unido
Actividade
Campoviróloga e bióloga
editar datos en Wikidata ]

June Dalziel Almeida, nada en Glasgow (Escocia) o 5 de outubro de 1930 e finada en Bexhill en decembro de 2007, foi unha viróloga escocesa que, con pouca educación formal, converteuse en Doutora en Ciencias e pioneira na identificación, diagnóstico e obtención de imaxes de virus.[1] Descubriu un novo tipo de coronavirus. Publicou o Manual para o diagnóstico viral rápido de laboratorio en 1979.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

June Dalziel Hart deixou a escola aos 16 anos para traballar como técnica de histopatoloxía no Glasgow Royal Infirmary. Logo mudouse ao Hospital St. Bartholomew para continuar a súa carreira.[2]

O 11 de decembro de 1954 casou con Enrique Rosalio Almeida, un artista venezolano co que tivo unha filla, Joyce. Mudáronse ao Canadá onde traballou no Instituto de Cancro de Ontario en microscopía electrónica. A pesar de ter poucas cualificacións formais foi promovida de acordo coas súas habilidades.[2] As publicacións acreditárona polo seu traballo na identificación da estrutura viral. As súas habilidades foron recoñecidas por A. P. Waterson, entón profesor de microbioloxía na Escola de Medicina do Hospital de St Thomas, quen a persuadiu de volver a Inglaterra para traballar no hospital. Desenvolveu un método para visualizar mellor os virus utilizando anticorpos para agregalos. Traballou co virus da hepatite B e os virus do arrefriado.[3]

Almeida produciu as primeiras imaxes do virus da rubéola.[4] David Tyrrell e Almeida traballaron na caracterización dun novo tipo de coronavirus.[5] Esta familia inclúe o virus do SARS e o virus do SARS-CoV2 que causa o COVID-19.

Almeida seguiu a Waterson á Escola de Medicina de Posgrao en Londres, onde as súas contribucións aos artigos foron recoñecidas co seu premio de Doutoramento. Terminou a súa carreira no Instituto Wellcome.[3] Mentres traballaba para Wellcome foi nomeada en varias patentes no campo dos virus de imaxe.[6] En 1970 Albert Kapikian pasou seis meses no Reino Unido onde, por suxestión do seu xefe, estudou as técnicas de Almeida. De volta nos EE.UU. usou estas técnicas para identificar unha causa de gastroenterite non bacteriana - ou virus de Norwalk.[3]

Almeida deixou Wellcome e empezou a ensinar ioga pero volveu nun papel de asesora a finais dos 80 cando axudou a tomar fotos novas do virus do VIH.[2] Publicou o Manual para o diagnóstico viral rápido de laboratorio en 1979 para a Organización Mundial da Saúde.[7]

Almeida morreu en Bexhill dun ataque ao corazón en 2007

Legado e coronavirus[editar | editar a fonte]

Despois da pandemia por coronavirus de 2019-20, a súa investigación volveu chamar a atención.[8] A BBC describiu a Almedia como "a muller que descubriu o primeiro coronavirus".[9] O profesor Hugh Pennington sinalou que os chineses utilizaran as súas técnicas para identificar COVID-19 e o seu traballo axudara á identificación temperá.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Booss, John; August, Marilyn J (2013). To catch a virus. ASM press. p. 209. ISBN 978-1-55581-507-3. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Almeida, Joyce (28 June 2008). "June Almeida (née Hart)". British Medical Journal. BMJ Group 336 (336 (7659)). ISSN 2044-6055. PMC 2440895. doi:10.1136/bmj.a434. 
  3. 3,0 3,1 3,2 J. E. Banatvala, 'Almeida , June Dalziel (1930–2007)', Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2011 consultado 18 outubro 2012
  4. PATERSON, ANDREW G. (2017). Brilliant! scottish inventors, innovators, scientists and engineers who changed the world. [Place of publication not identified]: AUSTIN MACAULEY PUBLISHER. ISBN 1-78629-436-2. OCLC 1002113318. 
  5. Booss, John,. To catch a virus. Washington, DC. ISBN 978-1-55581-858-6. OCLC 869095180. 
  6. Almeida, June Dalziel, patents, consultado outubro 2012
  7. "Manual for rapid laboratory viral diagnosis" (PDF). 
  8. Combs Sidney (17 abril 2020). "She Discovered Coronaviruses Decades Ago—But Got Little Recognition". Consultado o 18 abril 2020. 
  9. "The woman who discovered the first coronavirus". Consultado o 15 abril 2020. 
  10. "June Almeida, tribute to Scotland's forgotten hero of the coronavirus". HeraldScotland. Consultado o 15 abril 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]