Julio Wonenburger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Julio Wonenburger Canosa»)
Infotaula de personaJulio Wonenburger
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1882 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de setembro de 1951 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMaría Wonenburger Editar o valor em Wikidata
IrmánsJuan Wonenburger Varela Editar o valor em Wikidata

Julio Wonenburger Canosa, nado na Coruña o 6 de xaneiro de 1882 e finado na mesma cidade o 1 de setembro de 1951,[1] foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Wonenburger Cabezudo, dono dunha empresa que fabricaba instrumentos de ferro, reparaba máquinas de vapor, bombas e todo o relacionado coa mecánica. Quedou orfo con 16 anos, fíxose cargo dos seus sete irmáns e continuou co negocio paterno de fundición. Foi presidente da Patronal metalúrxica da Coruña. Republicano, foi elixido concelleiro da Coruña en 1922. Afiliado á ORGA, participou no pacto de Lestrobe. Coa chegada da Segunda República foi nomeado deputado provincial en maio de 1931. En 1933 dirixiu o xornal Tierra Gallega.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, a fundición Wonenburguer foi militarizada para producir obuses e pezas para aviación e maquinaria pesada. Tanto Julio como o seu irmán Juan conseguiron fuxir de expropiacións e sancións graza ás súas relacións, a satisfacer onerosos pagos e á rápida colaboración co réxime. Julio reinstalou unha fábrica de calzado que traballou para o exército golpista como provedor de calzado e correaxes, e despois pasou a ocupar un lugar destacado na provisión de alimentos e uniformes para fronte. Na posguerra foi colaborador habitual do réxime, organizou e sufragou o arco monumental co que se recibiu ao caudillo na súa primeira visita á Coruña ao rematar a guerra. A pesar de ter cargos por pertenza á masonaría nunca foi sancionado.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1926 con Amparo Planells Rubio e foi pai da matemática María Wonenburger Planells.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 9-9-1951, p. 7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Vázquez Souza, Ernesto (2006). Noticia mínima e contexto da "Asociación Regional de Padres de Familia para la defensa del Laicismo en la Enseñanza", A Coruña (1931-1936). A Coruña: Laiovento. pp. 70–71. ISBN 84-8487-103-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]