Julio Parrilla
Julio Parrilla Díaz | |
---|---|
![]() | |
Bispo da Igrexa Católica Latina | |
Biografía | |
Nacemento | 25 de marzo de 1946 en Ourense |
Bispo | |
Outros | |
![]() Escudo de Julio Parrilla Díaz | |
Spe et caritate adsis | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Julio Parrilla Díaz, nado en Ourense o 25 de marzo de 1946, é un bispo católico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na escola e no bacharelato en Ourense e en 1971 toma contacto co movemento católico Adsis. Licenciouse en filosofía pola Universidade Pontificia Salesiana de Roma, en teoloxía catequética pola Universidade Pontificia de Salamanca e de novo en filosofía pola de Valencia. Ordenouse sacerdote o 30 de marzo de 1975, en Salamanca.
En 1992 instalouse en Ecuador, na cidade de Portoviejo, e máis tarde, en 1998, trasladouse a Quito, onde traballou como párroco durante dez anos ata que o 18 de abril de 2008 foi nomeado bispo de Loja, en Ecuador polo papa Bieito XVI.
É secretario xeral do movemento Adsis.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Discurso de Julio Parrilla en Cariamanga, Ecuador (YouTube).