Julio Llamazares
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Julio Alonso Llamazares 28 de marzo de 1955 Vegamián |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Literatura española |
| Ocupación | guionista de cinema, guionista, xornalista, escritor, poeta |
| Período de actividade | 1983 |
| Xénero artístico | Caderno de viaxe |
| Movemento | Postnovísimos |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Julio Alonso Llamazares, nado en Vegamián (León) o 28 de marzo de 1955, é un novelista, escritor de viaxes, poeta e guionista español. Foi dúas veces finalista do premio Nacional de Literatura de España polas súas novelas Luna de lobos (1985) e La lluvia amarilla (1988).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Llamazares naceu na desaparecida aldea de Vegamián, onde o seu pai, Nemesio Alonso, traballaba como mestre nacional, pouco antes de que a localidade quedase anegada polo encoro do Porma.
Malia nacer en Vegamián, a súa familia procede da vila leonesa de La Mata de Bérbula (tamén coñecida como La Matica), situada na conca do río Curueño. Este foi descrito no seu libro El río del olvido. Tras a destrución de Vegamián, mudáronse a Olleros de Sabero, na conca carbonífera de Sabero. A infancia en ambas aldeas marcou a súa vida en dediante, así como parte da súa obra.
Licenciouse en Dereito, aínda que abandonou a profesión para dedicarse ó xornalismo escrito, radiofónico e televisivo en Madrid, onde reside na actualidade.
En 1983, comezou a escribir Luna de lobos, a súa primeira novela, que saíu do prelo dous anos máis tarde. En 1988, publicou La lluvia amarilla. Ambas foron finalistas do premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa. Posteriormente, en Escenas de cine mudo, de 1994, deu forma literaria a algunhas das súas experiencias de cativo. En 2016, quedou finalista do premio da Crítica de Castilla y León coa súa novela Distintas formas de mirar el agua. Antes do ditame do xurado, emitiu un comunicado anunciando que non aspiraba ó premio e que, de serlle concedido, o rexeitaría.[1] Nunha convocatoria anterior, a de 2014, xa fora candidato ó galardón con Las lágrimas de San Lorenzo, que non gañou.[2]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- La lentitud de los bueyes (1979)
- Memoria de la nieve (1982)
Narrativa
[editar | editar a fonte]- El entierro de Genarín (1981), relatos
- Luna de lobos (1985), novela
- La lluvia amarilla (1988), novela[3]
- El río del olvido (1990), viaxes
- Escenas de cine mudo (1994), novela
- En mitad de ninguna parte (1995), relatos
- Trás-os-Montes (1998), viaxes
- Tres historias verdaderas (1998), relatos
- Los viajeros de Madrid (1998), relatos
- Cuaderno del Duero (1999), viaxes
- El cielo de Madrid (2005), novela
- Las rosas de piedra (2008), viaxes
- Tanta pasión para nada (2011), relatos
- Las lágrimas de San Lorenzo (2013), novela
- Distintas formas de mirar el agua (2015), novela
- Atlas de la España imaginaria (2015), viaxes
- El viaje de Don Quijote (2016), viaxes
- Las rosas del sur (2018), viaxes
- Primavera extremeña (2020), viaxes
- Vagalume (2023), novela
- El viaje de mi padre (2025), viaxes
Xornalismo
[editar | editar a fonte]- En Babia (1991)
- Nadie escucha (1995)
- Entre perro y lobo (2008)
Guións cinematográficos
[editar | editar a fonte]- Retrato de bañista (1984)
- El filandón (1985)
- Luna de lobos (1987)
- La fuente de la edad (1991)
- El techo del mundo (1995)
- Flores de otro mundo (1999)
- Elogio de la distancia (2009)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Julio Llamazares, ¿Premio?, no gracias". La Nueva Crónica (en castelán). 2016-02-14. Consultado o 2026-02-08.
- ↑ León, Diario de. "Los leoneses Llamazares, Aparicio y Huerga optan al Premio de la Crítica". Diario de León (en castelán). Consultado o 2026-02-08.
- ↑ Martínez Jiménez, José Antonio; Muñoz Marquina, Francisco; Sarrión Mora, Miguel Ángel (2011). "La narración (III). Personajes, tiempo y espacio". Lengua Castellana y Literatura (en español) (Akal ed.). Madrid: Akal Sociedad Anónima. p. 166. ISBN 9788446033677.