Julio Guillén Biel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulio Guillén Biel
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de setembro de 1940 Editar o valor em Wikidata (29/30 anos)
Cabral, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsVicente Guillén Biel Editar o valor em Wikidata

Julio Guillén Biel ou Julián Sergio Guillén Biel,[1] nado en Vigo cara a 1910 e finado en Cabral o 21 de setembro de 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Electricista en Coruxo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi membro do grupo dos irmáns Rogelio e José García Morales, os Maletas, que actuaban na comarca de Vigo dende 1938. Xulgado en Vigo na causa 934/37 co seu irmán Vicente, acusados de rebelión militar foi declarado en rebeldía.[2] En 1939 presentouse ao gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos,[3] pero fuxiu novamente ao saber que ía ser detido. Foi acusado da morte do garda xurado Manuel Pereiro Bernárdez con José García Morales, Ramón Pereira Antelo e José Luís Quintas Figueroa.[4] Cando a desfeita do grupo dos Maletas era evidente, foi delatado por tres compañeiros, Guillermo Santos Caride "Quique", Manuel Rodríguez Fernández "O Coxo de Cabral" e Delmiro Barreiro Cubeiro. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Cabral o 21 de setembro de 1940, ao parecer suicidouse. Na mesma acción foi detido o seu compañeiro guerrilleiro Jesús Lago González "Petrillas".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Así aparece nalgunhas fontes.
  2. Requisitoria en El Pueblo gallego, 8-8-1937, p. 4.
  3. El Pueblo Gallego, 5-5-1939, p. 8.
  4. El Pueblo Gallego, 21-9-1940, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-33-5. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 82. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]