Xulio Fernández Gayoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Julio Fernández Gayoso»)
Xulio Fernández Gayoso
Nacemento8 de decembro de 1931
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario e banqueiro
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

Julio Fernández Gayoso, nado en Vigo o de 8 de decembro de 1931, é un directivo financeiro galego, ex-director xeral e expresidente da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, Caixanova, e ex-copresidente de Novacaixagalicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1947 comezou a traballar na Caixa de Aforros e Monte de Piedade Municipal de Vigo, sendo nomeado director executivo en 1965. No ano 2000, trala fusión da Caixa de Vigo coa Caixa de Aforros Provincial de Ourense e a Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, pasou ao cargo de director xeral de Caixanova, sociedade da que foi nomeado presidente en xuño de 2006. Trala fusión desta entidade con Caixa Galicia,[1] pasou a ser copresidente de Novacaixagalicia.[2]

Ocupou diversos cargos en empresas participadas por estas entidades financeiras, sendo presidente de Lico-Corporación, vicepresidente do grupo R e do Banco Gallego. Pertenceu ao consello de administración da Confederación Española de Cajas de Ahorros (CECA), Caser, Lico-Leasing, Ahorro Corporación Financiera, Grupo Cable e Inversiones Estratégicas de Galicia.

É socio fundador da Fundación Empresa Universidad Gallega, a Fundación FIES (Fondo para a Investigación Económica e Social), e a Fundación Pro-Vigo. Foi membro de diversos padroados, como o Centro Galego de Arte Contemporánea, a Fundación Laxeiro ou a Fundación Camilo José Cela.

O 25 de xuño de 2012 a fiscalía anticorrupción presentou unha querela contra el e outros catro directivos por ocultar a finais de 2010 ao Consello de Administración e ao Banco de España o importe dunhas prexubilacións ás que presuntamente non tiñan dereito varios dos seus directivos.[3] Tres días despois, presentou a súa dimisión como copresidente de Novacaixagalicia[4][5]

Fernández Gayoso nun intre da comparecencia na comisión de investigación das caixas no Parlamento de Galicia o 21 de xuño de 2013.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1970 foille concedida a Medalla individual "ao mérito no aforro" do Ministerio de Facenda. En 1982 recibiu a insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela. En 1983 foi nomeado Comendador da Orde do Mérito Civil. Recibiu en 1998 a medalla "ao mérito no aforro" da CECA, e en 1999 a medalla de ouro da Cámara de Comercio de Vigo e a medalla de ouro do Club Financeiro de Vigo. En 2002 recibiu a Medalla Castelao.

Tamén no ano 2002 recibiu o doutoramento honoris causa pola Universidade de Vigo, sendo reitor Domingo Docampo, nun acto presidido por Manuel Fraga e apadriñado por Abel Caballero. En febreiro de 2016 anunciouse a súa renuncia á distinción.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]