Julio César García-Luengo Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Julio César García Luengo Pérez»)
Infotaula de personaJulio César García-Luengo Pérez
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Julio César García-Luengo Pérez, nado en 1969[1], é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo de Julio César García-Luengo Montero, que foi alcalde de Crecente. Licenciado en Ciencias Políticas. Foi concelleiro en Crecente dende 1995, foi deputado provincial e tenente de alcalde entre 2003 e 2007. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Crecente e foi elixido alcalde con maioría absoluta, sucedendo ao seu pai Julio César García-Luengo Montero. Destituíu ao seu pai como como tenente de alcalde e membro da xunta de Goberno local en outubro de 2010, logo de anunciar o pai que pretendía dimitir para encabezar unha lista independente en Arbo nas eleccións locais de 2011 e despois presentarse como candidato en Crecente polo CDS, aínda que finalmente desistiu[2]. Nas municipais de 2011 volveu ser o candidato do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Foi condenado pola Audiencia de Pontevedra a un ano de inhabilitación por un delito de desobediencia, ao non cumprir unha orde xudicial para derrubar unha nave dunha empresa construída sen licenza. O 15 de xaneiro de 2014 deixou a alcaldía, e foi proposto para substituílo Servando Rodríguez Carpintero[3], aínda que finalmente accedeu á alcaldía Marisol Gómez Domínguez.

En 2015, xa cumprida a condena por inhabilitación, volveu presentarse ao posto de alcalde encabezando a candidatura do PP, mentres que a alcaldesa, Marisol Gómez, ía de número dous. Obtivo a maioría absoluta e foi elixido alcalde.


Predecesor:
Julio César García-Luengo Montero
 
Alcalde de Crecente
 
2007 - 2014
Sucesor:
Marisol Gómez Domínguez
Predecesor:
Marisol Gómez Domínguez
 
Alcalde de Crecente
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]