Julio Bazarra Constenla
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1923 Vigo |
| Morte | 18 de maio de 2008 A Coruña |
| Actividade | |
| Ocupación | maquis |
| Membro de | |
Julio Bazarra Constenla, nado en Vigo en 1923 e finado na Coruña o 18 de maio de 2008,[1] foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vivía na Pobra do Caramiñal. A finais de 1947 incorporouse con Vicente López Novo á V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, comandada por Benigno Andrade García, coa que participou en varias accións no norte da provincia de Pontevedra. A principios de maio de 1948 abandonou a guerrilla por problemas físicos e refuxiouse nunha casa de Troáns. Foi detido en Vigo o 11 de xullo de 1948 e xulgado na Coruña en marzo de 1949.[2] Condenado a 30 anos de reclusión maior, foi recluído na Colonia Penitenciaria de El Dueso. Saíu en liberdade provisional en outubro de 1959,[3] e instalouse na Coruña.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Mercedes García Rey.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-5-2008, p. 51.
- ↑ La Voz de Galicia, 23-3-1949, p. 3.
- ↑ BOE, 18-12-1959, p. 16142.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lamela, Luis (1993). Foucellas - El riguroso relato de una lucha antifranquista (1936-1952). Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-608-4.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.