Julieta Paredes Carvajal
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1967 A Paz, Bolivia |
| Actividade | |
| Ocupación | activista polos dereitos humanos, poetisa, escritora |
| Membro de | |
| Movemento | Feminismo descolonial e Feminismo comunitario |
| Familia | |
| Parella | María Galindo (–1998) |
Julieta Paredes Carvajal, nada na Paz en 1967, é unha poeta, cantautora, escritora, grafiteira e activista feminista descolonial aimará boliviana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Paredes fundou o movemento Mujeres Creando en 1992, coa súa entón compañeira María Galindo e Mónica Mendoza.[1] A relación con Galindo rematou en 1998 e, en 2002, a organización separouse.[2] En 2003 puxo en marcha a iniciativa Mulleres creando comunidade[3] «porque o feminismo autónomo e anarquista xa non era suficiente», explicou en 2008.
Julieta Paredes Carvajal é a autora do libro *Hilando fino desde el feminismo comunitaria* (2008), no que explora nocións como a igualdade entre mulleres e homes no contexto da cultura indíxena, a súa postura con respecto ao feminismo occidental, o colonialismo e o neoliberalismo, e o papel do corpo e a sexualidade na liberación das mulleres. Ela defínese a si mesma como unha feminista lesbiana aimará.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mujeres Creando, despatriarcalizar con arte". Revista Pueblos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2016.
- ↑ Victoria Aldunate Morales (22 de novembro de 2008). "Julieta Paredes: feministas para revolucionar la sociedad.. - Hommodolars.org". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de xaneiro de 2017.
- ↑ Valencia, Rufo (24 de xuño de 2014). "La boliviana Julieta Paredes explica en Canadá el feminismo comunitario indígena". Radio Canada International (en castelán). Consultado o 15 de outubro de 2016.
- ↑ Monasterios Pérez, Elizabeth (2006). No pudieron con nosotras: el desafío del feminismo autónomo de Mujeres Creando (en castelán) (Plural Editores ed.). p. 61. Consultado o 15 de outubro de 2016.
Si no fuera lo que soy -aymara feminista lesbiana- no sabría como hacer, ni por dónde empezar mis días.