Julien Bailhache
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1882 |
| Morte | 7 de outubro de 1949. |
| Cargos | |
| Presidente da Sociedade Francesa de Numismática | |
| Período | 1924-1926 |
| Antecesor | A. Bouclier |
| Sucesor | Raymond Richebé |
| Período | 1932-1933 |
| Antecesor | Ch. Prieur |
| Sucesor | J. Coudurier de Chasseigne |
| Datos persoais | |
| País de nacionalidade | |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Numismática. |
| Membro de | |
| Premios | |
| 1926: Premio Duchalais. | |
Julien Bailhache, nado en Cotentín, Normandía, en 1882 e finado o 7 de outubro de 1949, foi un médico e numismático francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Julien Bailhache naceu en 1882 na península normanda de Cotentín.[1]
Médico de profesión, afeccionouse á numismática na súa xuventude e converteuse nun importante coleccionista, estudoso e investigador da moeda francesa, sobre a base de fontes orixinais,[1] cun particular interese nas emisións da Guerra dos cen Anos e das guerras de relixión.[2]
A maior parte dos seus artigos foron publicados polas revistas Revue numismatique e Courrier numismatique.[3]
Estivo máis de catro décadas vinculado á Sociedade Francesa de Numismática, unha entidade na que ingresou o 1 de decembro de 1906 e que presidiu durante dous períodos, de 1924 a 1926 e de 1932 a 1933.[4] Logo da súa presidencia, foi nomeado membro honorario en 1935 e, finalmente, presidente honorario en 1946.[5] Igualmente, foi membro do comité editorial da revista oficial da Sociedade, a Revue numismatique, a partir de 1928.[6]
Julien Bailhache finou o 7 de outubro de 1949.[7]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1926: Premio Duchalais, da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Prieur, P. (1949). Páxinas 197-198.
- ↑ Prieur, P. (1949). Páxina 199.
- ↑ Prieur, P. (1949). Páxinas 200-201.
- ↑ "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org)..
- ↑ "Présidents et membres d’honneur". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org).
- ↑ Prieur, P. (1949). Páxinas 197, 199.
- ↑ Prieur, P. (1949). Páxina 197.
- ↑ Prieur, P. (1949). Páxina 198.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Prieur, P. (1949). "Nécrologie: Le Dr. Julien Bailhache". En Revue numismatique. Tomo XI. Páxinas 197-201.
| Predecesor: A. Bouclier Raymond Richebé |
Presidente da Sociedade Francesa de Numismática 1924-1926 1932-1933 |
Sucesor: Ch. Prieur J. Coudurier de Chasseigne |