Juliana Rotich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juliana Rotich
Juliana Rotich - World Economic Forum on Africa 2012.jpg
Nacemento1977
 Kenyane
NacionalidadeKenya
Alma máterUniversidade do Missouri
Ocupacióntecnólogo e emprendedora
PremiosOkayAfrica 100 Women e Internet and Society Award
editar datos en Wikidata ]

Juliana Rotich é unha profesional das tecnoloxías da información que desenvolveu ferramentas de web para solucionar crises informativas por medio do crowdsourcing e para cubrir temas relacionados co medio ambiente.[1] Foi a directora executiva de Ushahidi, un proxecto de software de código aberto que utiliza xeolocalización colaborativa, teléfono móbil e datos web para proporcionar medios de comunicación no medio dunha crise informativa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rotich é de Kenya. Ten un grao en tecnoloxías da información pola Universidade de Missouri e traballou no eido da industria das tecnoloxías da infomación por máis dez anos.

Foi a directora executiva de Ushahidi até setembro do 2015, cando deixou a organización para perseguir outros intereses.[2]

"Ushahidi" É a palabra en swahili para "testemuño". Ushahidi foi posto en práctica por vez primeira durante a crise de elección presidencial kenyana de 2007-8. Dende entón foi utilizado en Chile, Xapón, Nova Zelandia, Australia, Paquistán, Tanzania, e Haití.[3][4]

Como blogueira, é autora de artigos en Afrigadget.com, vén actuando como editora medioambiental de Global Voces Online (en galego: Voces globais en liña) e participou na conferencia TED en Arusha en 2007. Como oradora, é coñecida polos seus comentarios sobre a tecnoloxía en África e por expresar as súas preocupacións sobre a perda de bosque indíxena e das áreas de captación de auga en Kenya. É unha socia sénior de TED.[5]

En 2011, Rotich foi nomeada empresaria social da Fundación Schawb do ano en África polo Foro Económico Mundial.[6] En 2013 recibiu o Impact Award na conferencia DLDwomen 2013 celebrada en Múnic.[7] En 2014, Rotich presentou a Conferencia anual do deseño Indaba en Cidade de Cabo.[8]

En 2017 participou no cumio W20 en Berlín, Alemaña, na que participou nunha mesa redonda xunto coa chanceler Angela Merkel, a directora do FMI Christine Lagarde, a raíña Máxima dos Países Baixos, a ministra canadense de asuntos exteriores,Chrystia Freeland, Ivanka Trump entre outras, representando ao BRCK.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "TED Speaker: Juliana Rotich" (en inglés). Consultado o 18 marzo 2018. 
  2. "Blog Ushahidi" (en inglés). Consultado o 18 marzo 2018. 
  3. "100 women Juliana Rotich" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  4. "Juliana Rotich: ICT innovator" (en inglés). Consultado o 19 marzo 2018. 
  5. "Sitio web oficial Ushahidi" (en inglés). Consultado o 18 marzo 2018. 
  6. "Africa's Leading Social Entrepreneurs to be Awarded at World Economic Forum in Africa." (en inglés). Consultado o 18 marzo 2018. 
  7. "COMUNICADO: DLDwomen13: La keniata Juliana Rotich recibe el premio Impact Award por su proyecto humanitario de Internet". La información (en castelán). 17 xullo 2013. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2018. Consultado o 19 marzo 2018. 
  8. "Juliana Rotich on a new tech ecosystem for Africa" (en inglés). 27 agosto 2014. Consultado o 18 marzo 2018. 
  9. "Meet BRCK, Internet access built for Africa". TED. Consultado o 19 marzo 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]