Julia de Burgos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Julia de Burgos
Nacemento17 de febreiro de 1914
 Panxoliña
Falecemento6 de xullo de 1953
 Nova York
Causapneumonía
NacionalidadePorto Rico
Alma máterUniversidade de Porto Rico
Ocupaciónpoeta, dramaturga e escritora
editar datos en Wikidata ]

Julia Constancia Burgos García, nada en Carolina, Porto Rico o 17 de febreiro de 1914 e finada o 6 de xullo de 1953, coñecida como Julia de Burgos é considerada por moitos críticos como a máis excelsa poeta nada en Porto Rico. Foi tamén partidaria da independencia da illa. Os seus pais foron Consuelo García e Juan de Burgos.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Julia de Burgos criouse en Santa Cruz, aldeíña humilde da localidade de Carolina. Isto non a privaría de desenvolver o seu amor pola natureza e polo seu país. Sendo a maior de todos, foi a primeira -de trece irmás e irmáns- en cursar estudos universitarios.

Obtivo o seu título de mestra na Universidade de Porto Rico aos 19 anos de idade, pero o seu amor pola literatura levouna a escribir poesía. Posibles influencias na súa obra serían Luís Llorens Torres, Luís Pales Matos, Clara Lair, Rafael Alberti e Pablo Neruda. Tamén foi mestra na escola elemental Rosa Luz Zayas Cruz, no Sector Feijoo, do Barrio Cedro Arriba en Naranjito.[2]

En 1936 uniuse a "Hijas de la libertad", rama feminina do Partido Nacionalista de Porto Rico.[3] Este grupo político, liderado por Pedro Albizu Campos, promovía o ideal de independencia.[4]

Burgos publicou tres coleccións de poemas. Para os seus dous primeiros libros viaxou pola illa, dándose a coñecer e organizando os seus propios recitais. O seu terceiro libro foi publicado postumamente en 1954.

Casou con Rubén Rodríguez Beauchamp, e novamente —en 1944, en Nova York— con Armando Marín, pero o seu gran amor foi o historiador, médico e político dominicano Juan Isidro Jimenes Grullón, neto do extinto presidente dominicano Juan Isidro Jimenes. Este amor inspiraríalle moitos dos seus poemas. Pero o seu ánimo foi baixando e caeu no alcoholismo. O 6 de xullo de 1953 esvarouse sobre unha beirarrúa neoiorquina e morreu de pulmonía, nun hospital do barrio de Harlem, Nova York, á idade de 39 anos. Debido a que ninguén reclamou o seu corpo, e a que non levaba ningunha identificación, a cidade enterrouna baixo o nome de "Jane Doe". Algúns dos seus amigos, que foron capaces de rastrexala e atopar a súa tumba, reclamaron o seu corpo. Os seus restos foron enviados a Porto Rico. Foi solemnemente enterrada en Carolina e elevouse un monumento no lugar do enterro.[4]

Entre os traballos destacados de Julia de Burgos atópanse: "Río Grande de Loíza", "Poema para mi muerte", "Yo misma fui mi ruta", "Alba de mi silencio" e "Alta mar y gaviota".[5]

Viviu dous anos en Cuba, que quedan rexistrados na correspondencia da poeta coa súa irmá.[6] Na Habana estudou grego, latín e Francés.

Feminista[editar | editar a fonte]

Julia de Burgos, ademais de mostrar o sentimento de amor nos seus poemas, tamén estimulou nas mulleres a liberación feminina. Julia de Burgos fomentou no seu tempo a verdadeira muller portorriqueña a través dos seus poemas, onde plasmou os problemas das mulleres do seu país. Cunha voz de rebeldía e feminista, escribiu obras que ían en contra da norma da sociedade e os convencionalismos da súa época. Obras moi estudadas por Julia de Burgos foron destacadas polo gran contido feminista que trae nos seus versos. Un exemplo dunha obra moi estudada: "Yo misma fui mi ruta", que trata sobre a liberación feminina. Neste poema De Burgos móstrase decidida a ser ela quen manexe a súa vida. Aquí exprésase en desacordo cos mandatos da sociedade. Este poema exhortou ás mulleres da xeración do 30 -quen se achaban nunha loita de poder polos seus dereitos- que tivesen conciencia de tres factores moi importantes: o seu potencial como muller, o manexo das súas propias vidas e non sentirse inferiores.[4]

Homenaxes[editar | editar a fonte]

O 19 de febreiro de 1987, o Departamento de Español do Recinto de Humacao da Universidade de Porto Rico homenaxeouna concedéndolle un póstumo doutoramento Honoris Causa en Letras e Humanidades. A proclamación foi presentada á súa sobriña, María Consolo Sáez Burgos.[7]

A cidade de San Juan homenaxeou a súa memoria nomeando escolas e avenidas no seu nome. Existe tamén en San Juan a "Casa Protectora Julia de Burgos", que protexe a mulleres sobrevivientes de violencia doméstica, e o Museo de Artes y Ciencias Julia de Burgos.

A cidade de Nova York homenaxeouna tamén cun "Centro Latino Julia de Burgos" en Manhattan e un "Centro de Arte Julia de Burgos" en Harlem, próximo ao lugar da súa morte. A poeta neoiorquina Giannina Braschi homenaxeou a Julia de Burgos na súa celebrada novela bilingüe Yo-Yo Boing! e Tomas Batista esculpiu un busto dela, que adorna o Parque Julia de Burgos en Carolina.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Julia de Burgos (1914-1953)". www.literatura.us. Consultado o 2019-10-22. 
  2. Aguilar, Andrea (2014-10-17). "Poesía en femenino y Julia de Burgos". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-10-22. 
  3. Pizarro, Yolanda Arroyo (jueves, enero 16, 2014). "Boreales...: Julia de Burgos, guerillera de 'Las Hijas de la libertad'". Boreales... Consultado o 2019-10-22. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Julia de Burgos. PorCamila Diaz". Historia-Biografía.com. Consultado o 2019-10-22. 
  5. "10 Mejores Obras De Julia De Burgos - 2019". yourtripagent.com (en castelán). Consultado o 2019-10-22. 
  6. Burgos. Cartas a Consuelo. Ediciones Folium. ISBN 978-0-9826317-8-2. 
  7. 7,0 7,1 Per229 (2009-11-27). "Julia de Burgos: Homenajes, Reconocimientos, y Dedicaciones". Julia de Burgos. Consultado o 2019-10-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]