Julia Donaldson
Julia Donaldson | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de setembro de 1948 |
Lugar de nacemento | Gran Londres e Londres |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Universidade de Bristol e The Camden School for Girls |
Ocupación | escritora, dramaturga, autora e escritora de literatura infantil |
Fillos | Alastair F. Donaldson |
Coñecida por | The Gruffalo, The monkey has a problem, Room on the Broom, The Snail and the Whale e The Gruffalo's Child |
Premios | membro da Orde do Imperio Británico, Nestlé Smarties Book Prize, Kiddo Leespluim e Comandante da Orde do Imperio Británico |
Na rede | |
http://www.juliadonaldson.co.uk/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Julia Donaldson [1] MBE , nada en Hampstead, Londres, o 16 de setembro de 1948 é unha autora inglesa de libros infantís coñecida polo personaxe do Gruffalo (en galego Grúfalo).[2] Foi recoñecida co Premio Infantil 2011–2013 [3] e coa Orde do Imperio Británico. [4]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Donaldson estudou literatura e francés na Universidade de Bristol entre 1967 e 1970, e traballou como profesora, xornalista e outros oficios, antes de vivir profesionalmente da escritura de libros.
Comezou a crear cancións para programas de televisión infantil, e neste contexto coñeceu ao ilustrador Axel Scheffler (na imaxe) que quería ilustrar a canción "A Squash and a Squeeze": en 1993 publicou o seu primeiro libro conxunto. Desde entón escribiron moitos, The Gruffalo (1999) converteuse nun éxito de vendas e foi traducido a moitos idiomas (máis de 30), entre eles o galego: O Grúfalo.[5] O libro recibiu numerosos premios (entre eles o Smarties Prize, o Blue Peter Award ou o Experian Big Three Award ). Tamén se converteu nunha película de animación por ordenador, de produción anglo-alemá, en 2009, que foi estreada no CGAI.[6]
A The Gruffalo seguiron moitos libros, algúns derivados desta obra, como The Gruffalo's child, (tamén convertida en filme animado en 2011). Moitos dos libros de Donaldson están escritos en verso.
A autora levou a cabo varias accións para fomentar a lectura entre os máis pequenos, especialmente animando a representar libros e cantar. E tamén creou obras de teatro para nenos; tamén recolleu un libro de poemas para ser interpretado (Poems to perform).[7]
Algúns dos seus libros foron adaptados a unha versión cinematográfica, como The Gruffal, unha curtametraxe de 2009 baseada no libro homónimo de 1999, The Snail and the Whale, unha curtametraxe de 2019 baseada no libro homónimo de 2003.
Julia Donaldson recibiu dous doutoramentos honoris causa: pola Universidade de Bristol (2011) e pola Universidade de Glasgow (2012).
Publicacións[editar | editar a fonte]
Os libros máis coñecidos de Donaldson inclúen:
- A Squash and a Squeeze con Axel Scheffler (1993, ISBN 1-4050-0477-0 )
- The Gruffalo con Axel Scheffler (1999, ISBN 0-333-71093-2 ) (gal. O Grúfalo)
- Room on the Broom con Axel Scheffler (2002, ISBN 0-333-90338-2 )
- The Smartest Giant in Towncon Axel Scheffler (2002, ISBN 0-333-96396-2 )
- The Gruffalo's Child con Axel Scheffler (2004, ISBN 1-4050-2045-8 )
- One Ted Falls Out of Bed con Anna Currey (2004, ISBN 0-333-94782-7 )
- Cave Baby con Emily Gravett (2010, 978-0-3305-2276-2)
- Zog (2010, ISBN 978-1-4071-1556-6)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ De solteira Julia Shields. Donaldson é o apelido do seu marido Malcom Donaldson, co que casou en 1972.
- ↑ ""O GRÚFALO" - (conto en galego)". Consultado o 2023-02-23.
- ↑ "Julia Donaldson". Children's Laureate (childrenslaureate.org.uk). Booktrust. (en anglès)
- ↑ BBC News
- ↑ "O Grúfalo". Patasdepeixe. Consultado o 2023-02-23.
- ↑ programacion.cgai (2018-12-28). "O Grúfalo". CGAI. Consultado o 2023-02-23.
- ↑ "Poems to Perform by Julia Donaldson". www.panmacmillan.com (en inglés). Consultado o 2023-02-23.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julia Donaldson ![]() |