Julia Alcántara Rocafort

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Julia Alcántara Rocafort
Nacemento1912
 Marín
Falecementosetembro de 2002
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
PaiJosé Alcántara Fernández
IrmánsJosé Manuel Alcántara Rocafort
editar datos en Wikidata ]

Julia Alcántara Rocafort, nada en Marín en 1912 e finada en Madrid en setembro de 2002,[1] foi unha política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de José Alcántara Fernández. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e trala morte do seu home, o tenente de navío Manuel del Hierro na guerra, o 22 de xullo de 1936, comezou a militar en Falange. Delegada en Marín da Sección Femenina, viaxou a Alemaña en setembro de 1938 con outras falanxistas, nunha estadía de dous meses, para facer un estudo das organizacións xuvenís.[2] En 1939 foi nomeada delegada provincial da Sección Femenina de Pontevedra, sucedendo a Pilar Lago Núñez.[3] Cesou no cargo en 1940, sendo substituída por Pilar del Río Santaolla.[4] Nomeada Regidora Central da rama feminina do Frente de Juventudes en decembro de 1941,[5] foi a primeira directora da Escuela de Instructoras Isabel la Católica da Sección Femenina en 1942.[6] Cesou no cargo de Regidora Central en marzo de 1944.[7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1931 co tenente de navío Manuel del Hierro Fernández,[8] co que tivo dous fillos, Julia e José Luis del Hierro Alcántara. Enviuvou en xullo de 1936. En abril de 1946 volveu casar co capitán de corveta Alberto Cervera Balseyro en Madrid.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ABC, 29-9-2002, p. 47.
  2. El Pueblo Gallego, 2-11-1938, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 3-3-1940, p. 5.
  4. El Pueblo Gallego, 20-6-1959, p. 5.
  5. El Progreso, 4-12-1941, p. 1.
  6. "La Escuela de Mandos Isabel la Católica en La Quinta". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2020. Consultado o 02 de marzo de 2020. 
  7. El Pueblo Gallego, 25-3-1944, p. 5.
  8. El Progreso, 13-1-1931, p. 2.
  9. Ciudad, 13-5-1946, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]