Julián Simón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julián Simón
Nacemento3 de abril de 1987
Lugar de nacementoVillacañas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de motociclismo
Na rede
http://www.juliansimon.es/
editar datos en Wikidata ]

Julián Simón Sesmero (Villacañas, Toledo, España, 3 de abril de 1987) é un piloto profesional de motociclismo. A súa estatura é de 1,67 m e o seu peso 56 kg.

A súa carreira nos campionatos mundiais comezou no 2002 no Gran Premio de España. correu cos equipos Honda (2002) Malaguti (2003), Aprilia (2004) e KTM (2005). Participou en 66 Grand Prix de motociclismo e gañou un, en 2005, o Gran Premio Británico, na clase 125cc. En 2007 pasou a competir en 250cc, co equipo Repsol Honda.

Na tempada 2009 decide baixar de categoría e volver competir en 125cc no equipo de Aspar cunha Aprilia RSA125 oficial para converterse o 18 de outubro de 2009 en 125 cc no circuíto de Phillip Island en Australia. [1]

Resumo por tempadas[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Moto Carreiras disputadas Vitorias Podios Poles Puntos Posición
2002 125cc Honda 4 0 0 0 2 37º
2003 125cc Malaguti 16 0 0 0 4 29º
2004 125cc Honda 14 0 0 0 60 14º
2005 125cc KTM 15 1 1 0 123
2006 125cc KTM 13 0 1 0 97
2007 250cc Honda 17 0 0 0 123
2008 250cc KTM 16 0 0 0 109 10º
2009 125cc Aprilia 16 7 12 7 264
2010 Moto2 Suter 13 0 7 2 168*
Total 111 8 14 7 782

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Julián Simón, campión do mundo, El Mundo.es, 18/10/2009.