Julián Obaya
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1819 Santiago de Compostela, España |
| Morte | maio de 1896 Santiago de Compostela, España |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, político |
Julián Obaya Lloreda, nado en Santiago de Compostela cara a 1819 e finado na mesma cidade en maio de 1896, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito en 1843, incorporouse ao Colexio de Avogados de Santiago de Compostela o 16 de novembro de 1844. Traballou en Madrid no gabinete do avogado Cortina. De 1855 a maio de 1859 e de 1860 a 1885 foi decano do Colexio de Avogados en Santiago. Foi catedrático interino da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela na cátedra de Dereito Público. Foi concelleiro de Santiago de Compostela, tenente de alcalde da cidade e deputado provincial. Maxistrado suplente da Audiencia do criminal de Santiago dende 1884, foi nomeado xuíz de primeira instancia de Ordes en 1859 e renunciou ese mesmo ano. En outubro de 1865 foi nomeado para a promotoría fiscal de Santiago, tomando posesión en novembro e cesando en 1867. En noveembro de 1868 foi nomeado xuíz de primeira instancia de Santiago, renunciou en decembro.
Pronunciou unha oración fúnebre no enterro de Aurelio Aguirre en agosto de 1858. Interveu no Congreso Agrícola Gallego organizado pola Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago en xullo de 1864. Foi elixido deputado polo distrito de Santiago de Compostela nas eleccións de 1869. O 23 de febreiro de 1870 foi nomeado xuíz de primeira instancia da Coruña. Volveu ser elixido deputado polo distrito de Santiago nas eleccións de agosto de 1872. Foi nomeado maxistrado da Audiencia das Palmas de Gran Canaria en 1885;[1] foi fiscal da Audiencia de Alcalá de Henares e despois da de La Seu d'Urgell (1892) onde se xubilou. Finou en Santiago de Compostela en maio de 1896 aos 76 anos.[2][3]