Julen Jon Guerrero
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (es) Julen Jon Guerrero Landabaso 14 de abril de 2004 Bilbao | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,87 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Pai | Julen Guerrero | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Parentes | José Félix Guerrero, tío | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Julen Jon Guerrero Landabaso, nado en Bilbao o 14 de abril de 2004, é un futbolista vasco que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Getafe Club de Fútbol B da Segunda Federación.
Traxectoria en clubs
[editar | editar a fonte]Real Madrid
[editar | editar a fonte]Tras formarse na base do Málaga Club de Fútbol, en 2017 ingresou nas categorías inferiores do Real Madrid. A pesar de ser centrocampista, Guerrero destacou por ser un goleador prolífico no equipo xuvenil do Madrid; na tempada 2020/21 conseguiu anotar en oito partidos consecutivos.[1] En outubro de 2021 foi considerado por The Guardian como un dos mellores talentos xuvenís do mundo.[2]
O 12 de xaneiro de 2023 anunciouse a cesión de Guerrero á Sociedad Deportiva Amorebieta da Primeira Federación.[3] O seu debut sénior tivo lugar dez días despois, cando foi substituto de Rayco Rodríguez nun partido contra o Club Deportivo Numancia.[4] O 12 de febreiro anotou o seu primeiro gol sénior nun empate 1-1 perante o Barcelona Atlètic.[5] Durante a tempada 2022/23 marcou outros tres tantos e contribuíu a alcanzar o ascenso do Amorebieta á Segunda División.
En xullo de 2023 Guerrero comezou unha cesión no conxunto xuvenil da AS Roma con opción de compra.[6] En xaneiro de 2024, despois de non ser convocado no primeiro equipo polo adestrador José Mourinho, Guerrero concluíu a súa estadía no club italiano.[7]
Alavés
[editar | editar a fonte]O 11 de xaneiro de 2024, tras finalizar a cesión na Roma, Guerrero marchou do Real Madrid e asinou un contrato até 2025 co Deportivo Alavés, sendo asignado inicialmente ao Deportivo Alavés B da Segunda Federación.[8] O 30 de agosto de 2024 foi cedido ao Amorebieta.[9] Regresou ao Alavés B en xaneiro de 2025 e permaneceu no club vasco até a súa saída o 24 de xuño dese ano.[10]
Arenteiro
[editar | editar a fonte]O 2 de setembro de 2025 Guerrero foi fichado polo Club Deportivo Arenteiro da Primeira Federación.[11]
Getafe
[editar | editar a fonte]O 7 de febreiro de 2026 fíxose oficial a incorporación de Guerrero no Getafe Club de Fútbol B da Segunda Federación.[12]
Traxectoria internacional
[editar | editar a fonte]Guerrero foi internacional coa selección española sub-15, sub-16 e sub-18. No caso do conxunto sub-18, o 8 de outubro de 2021 anotou un triplete perante Turquía e dous días despois marcou outro gol contra Romanía.[13]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Julen Jon Guerrero é fillo de Julen Guerrero, xogador histórico do Athletic Club. O seu tío, José Félix Guerrero, tamén era futbolista e centrocampista.[14]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Amorebieta
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García-Ochoa, Juan Ignacio (22 de febreiro de 2021). "También de cabeza: el último gol de Julen Jon Guerrero con el que sigue brillando en el verde". Marca. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2021. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Next Generation 2021: 60 of the best young talents in world football" (en inglés). The Guardian. 7 de outubro de 2021. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "Julen Jon Guerrero, cedido por el Real Madrid, nuevo futbolista de la SDA" (en castelán). SD Amorebieta. 12 de xaneiro de 2023. Consultado o 8 de xuño de 2023.
- ↑ "Julen Jon Guerrero debuta en Soria con la SD Amorebieta" (en castelán). Diario AS. 22 de xaneiro de 2023. Consultado o 8 de xuño de 2023.
- ↑ "El primer gol como profesional de Julen Jon Guerrero... ¡Al Barcelona Athletic!" (en castelán). Marca. 13 de febreiro de 2023. Consultado o 8 de xuño de 2023.
- ↑ Oliveira, Mário Cagica (31 de xullo de 2023). "Real Madrid empresta Julen Jon Guerrero à AS Roma". Bola na Rede (en portugués). Consultado o 13 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Real Madrid tira jovem promessa da Roma: não teve minutos com Mourinho" (en portugués). O Jogo. 11 de xaneiro de 2024. Consultado o 13 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El Deportivo Alavés incorpora al joven talento Julen Jon Guerrero hasta 2025" (en castelán). Deportivo Alavés. 11 de xaneiro de 2024. Consultado o 13 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Julen Jon Guerrero retorna a la SDA" (en castelán). SD Amorebieta. 30 de agosto de 2024. Consultado o 8 de outubro de 2024.
- ↑ "Julen Jon Guerrero, Iurie Iovu y Eneko Ortiz no continuarán en el Deportivo Alavés B" (en castelán). Deportivo Alavés. 24 de xuño de 2025. Consultado o 25 de xuño de.
- ↑ "Benvido Julen Jon Guerrero". CD Arenteiro. 5 de setembro de 2025. Consultado o 2 de marzo de 2026.
- ↑ "Julen Jon Guerrero se incorpora al filial hasta final de temporada" (en castelán). Getafe CF. 7 de febreiro de 2026. Consultado o 2 de marzo de 2026.
- ↑ Forjanes, Carlos (10 de outubro de 2021). "Julen Jon Guerrero es un cañón" (en castelán). Diario As. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ Basic, Robert (20 de outubro de 2021). "La explosión de Julen Jon Guerrero, el hijo del mito rojiblanco y joya de la cantera del Real Madrid" (en castelán). El Correo. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "La SD Amorebieta celebra su particular 'Champions'" (en castelán). Cadena SER. 11 de xuño de 2023. Consultado o 5 de outubro de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Julen Jon Guerrero en LaPreferente.com