Saltar ao contido

Juhan Viiding

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuhan Viiding
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1948 Editar o valor en Wikidata
Talín, Estonia Editar o valor en Wikidata
Morte21 de febreiro de 1995 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Rapla, Estonia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMetsakalmistu Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia de Música e Teatro de Estonia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, actor de teatro, escritor, actor, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1971 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeRiina Viiding Editar o valor en Wikidata
FillosElo Viiding Editar o valor en Wikidata
PaisPaul Viiding Editar o valor en Wikidata  e Linda Viiding Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnni Kreem
Mari Tarand Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0897175 Musicbrainz: 78c5eb50-ed6c-4054-ae0b-e43a0667e22b Discogs: 1169784 Allmusic: mn0001715419 Editar o valor en Wikidata

Juhan Viiding, nado en Talín o 1 de xuño de 1948 e finado ibídem o 21 de febreiro de 1995, tamén coñecido co pseudónimo Jüri Üdi, foi un poeta e actor estoniano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Juhan Viiding naceu o 1 de xuño de 1948 en Talín, fillo de Paul Viiding, un poeta coñecido en Estonia que pertenceu ao influente grupo Arbujad, un grupo colectivo de oito poetas mozos que salientaron antes de estoupar a segunda guerra mundial, e Linda Viiding (de solteira Laarmann), unha tradutora. Juhan era o máis novo de catro fillos e unha única filla; as súas irmás máis vellas eran Reet, Anni e a xornalista radiofónica Mari Tarand. Era un mozo intelectualmente precoz e inquedo. Entre os anos 1968 e 1972, Viiding estudou teatro e escenografía no Conservatorio de Talín (agora a Academia Estoniana de Música e Teatro), baixo a instrución do actor e pedagogo teatral Voldemar Panso, graduándose en 1972.[1] Entre os seus compañeiros de clase graduados estaban Kersti Kreismann, Ivo Eensalu, Vello Janson, Rein Kotkas, Helle Meri (de solteira Pihlak), Katrin Kumpan, Martin Veinmann e Tõnis Rätsep.[1]

Juhan Viiding casou con Riina Kiisk, a filla do actor, director de cinema e político Kaljo Kiisk. A súa filla Elo tamén é poeta. O 21 de febreiro de 1995, Juhan Viiding suicidouse en Rapla cortando as veas.[2][3]

Obras escollidas

[editar | editar a fonte]
  • Närvitrükk (1971)
  • Aastalaat (1971)
  • Detsember (1971)
  • Käekäik (1973)
  • Selges eesti keeles (1974)
  • Armastuskirjad (1975)
  • Ma olin Jüri Üdi (1978)
  • Olevused (1979)
  • Elulootus (1980)
  • Tänan ja Palun (1983)
  • Osa (1991)

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Premio de actor Ants Lauter en 1978.
  • Premio Literario Juhan Smuul en 1984 pola súa colección Tänan ja palun.
  • Premio de Poesía Juhan Liiv en 1985 polo poema “Soov”.[4]
  1. 1,0 1,1 "V lend 1968-1972, kursuse juhendaja Voldemar Panso". Eesti Muusika- ja Teatriakadeemia lavakunstikool (en Estonian). 2017. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2019. Consultado o 25 de agosto de 2019. 
  2. Krull, Hasso. "Juhan Viiding". Estonian Literature Information Centre. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2012. Consultado o 3 de xuño de 2009. 
  3. "Viiding, Juhan". Eesti biograafiline andmebaas ISIK. Consultado o 8 de abril de 2013. 
  4. Vabar, Sven. "Juhan Viiding". sisu-vana.ut .ee (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2024. Consultado o 2024-05-14.