Saltar ao contido

Juhan Liiv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuhan Liiv

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de abril de 1864 Editar o valor en Wikidata
Alatskivi, Estonia Editar o valor en Wikidata
Morte1 de decembro de 1913 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Koosa, Estonia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAlatskivi Editar o valor en Wikidata
Educacióncolexio Hugo Treffner Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, xornalista, mestre Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsJakob Liiv Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Лийв Юхан)
Obálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 4, (p.614) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2354871 Enciclopedia Galega Universal: 144286 BNE: XX5459229 Musicbrainz: 05a959d5-b063-4f7b-b500-05e8a393dec2 Discogs: 1325013 Editar o valor en Wikidata

Juhan Liiv, nado en Alatskivi o 30 de abril de 1864 e finado en Kavastu-Koosa, actual Luunja, Tartumaa, o 1 de decembro de 1913, foi un dos poetas e escritores en prosa máis famosos de Estonia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Juhan (cuxo nome de nacemento era Johannes) Liiv, fillo de Benjamin e Marianna Liiv (de solteira Pärn), naceu o 30 de abril de 1864 na parroquia de Alatskivi (agora parroquia de Peipsiääre), no distrito de Dorpat da gobernación de Livonia. Medrou na aldea de Rupsi, na granxa de Oja, propiedade da súa familia.[1][2]

Liiv creceu nunha familia pobre e devotamente relixiosa e era o segundo máis novo de oito irmáns, tres dos cales morreron na infancia, incluídas as súas dúas únicas irmás Liisa e Miina. O seu irmán maior Jakob tamén se converteu en poeta. Na casa, el e os seus irmáns foron criados para seren ferventes cristiáns e os seus pais reprendían calquera pequena transgresión. Malia da súa pobreza e relixión, os pais de Liiv comprenderon a importancia da educación e investiron o pouco diñeiro que tiñan na escolarización dos seus fillos.[1][3]

Primeiro estudou na escola da aldea de Naelavere, despois na escola parroquial de Kodavere. Despois de pasar por ámbalas dúas escolas, os seus pais enviárono a Dorpat (actual Tartu) para estudar no ximnasio Hugo Treffner, en 1886, pero non puido adaptarse á escola e marchou despois de seis meses.

Liiv pasou a maior parte da súa infancia só, illado doutros nenos da súa idade, en parte debido a enfermidades crónicas infantís. A enfermidade obrigou a Liiv a deixar a escola e volver á casa, onde escribiu poesía e ocasionalmente columnas para o xornal Olevik. A súa poesía contrastaba fortemente coa dos seus contemporáneos e, polo tanto, foi amplamente ignorada.

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Contos curtos

[editar | editar a fonte]

Liiv finalmente acadou o éxito en 1894 coa publicación do seu primeiro relato curto, Vari (en galego, A sombra). Era escuro e lúgubre, presaxiando as súas futuras obras tanto en prosa como en poesía.[3] Moitos lectores comparan a Liiv co personaxe principal da historia, Villu, que é fisicamente débil pero forte de mente. Liiv continuou escribindo varios relatos curtos máis, pero ningún é tan famoso como Vari.

En 1909, Friedebert Tuglas reuniuse con Liiv. A finais dese ano publicouse un libro, Luuletused, con 495 poemas de Liiv. Moitos dos poemas de Liiv están dominados por unha sensación de tristeza, probablemente provocada polas súas enfermidades mentais, a pobreza e a falta de amizades humanas. Os poucos poemas cun ton menos ominoso describen a natureza e a adoración de Liiv polo seu país.

Enfermidade mental

[editar | editar a fonte]

Pouco despois de que Vari fose publicado, Liiv foi ingresado nunha clínica psiquiátrica en Tartu. A Liiv diagnosticárono de esquizofrenia. Pensaba, por moi diversos motivos, que era fillo do tsar Alexandre II, do rei de Polonia e da poeta estoniana Lydia Koidula. As súas loitas contra as enfermidades mentais continuaron ata a súa morte.[4]

  • Kümme lugu (1893)
  • Vari (1894, relato curto)
  • Luuletused (1909, 1910, 1919, 1926, Poemas)

Premio Juhan Liiv

[editar | editar a fonte]

En 1965, creouse o Premio Juhan Liiv de Poesía. Está outorgado pola parroquia de Alatskivi e se entrega o 30 de abril de cada ano. O premio coniste nunha bolsa de pastor de coiro feita a man por un artista local.

  1. 1,0 1,1 "Juhan Liiv". muusa.ee (en estoniano). Consultado o 29 de abril de 2025. 
  2. "Juhan Liivi elu". kirjandusarhiiv.net (en estoniano). 12 de outubro de 2013. Consultado o 6 de maio de 2025. 
  3. 3,0 3,1 Ots, Loone (9 de marzo de 2005). "THE LAST AWAKENING POET: JUHAN LIIV". ibs.ee (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2005. Consultado o 6 de maio de 2025. 
  4. Talvet, J. "Juhan Liiv". sisu.ut.ee (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]