Juergen Elitim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juergen Farid Elitim Sepúlveda»)
Juergen Elitim
Información persoal
Nome Juergen Farid Elitim Sepúlveda
Nacemento 13 de xullo de 1999
Lugar de nacemento Cartaxena de Indias
Altura 1,69 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Legia Warszawa
Número 22
Carreira xuvenil
Nuevo Milenio
2011–2014 Cyclones Cali
2014–2017 Itagüí Leones
2017–2018 Granada
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2016 Itagüí Leones 2 (0)
2018–2019 Granada B 0 (0)
2018–2019Marbella (cedido) 33 (2)
2019–2023 Watford 0 (0)
2019–2020Marbella (cedido) 21 (1)
2020–2021Ponferradina (cedido) 41 (0)
2021–2022Deportivo da Coruña (cedido) 36 (1)
2022–2023Racing de Santander (cedido) 0 (0)
2023– Legia Warszawa 10 (1)
Na rede
UEFA: 250187357 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 12 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Juergen Farid Elitim Sepúlveda, nado en Cartaxena de Indias o 13 de xullo de 1999, é un futbolista colombiano que xoga de centrocampista no Legia Warszawa, da Ekstraklasa de Polonia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Cartaxena de Indias, seu pai, un apaixonado do fútbol, púxolle o nome de Juergen polo futbolista alemán Jürgen Klinsmann.[1] Comezou xogando no Nuevo Milenio da súa cidade natal, pasando en 2011 ao Cyclones de Cali. Tres anos despois fichou polo Leones FC, da cidade antioqueña de Itagüí, co que debutou na Primeira División de Colombia con 17 anos.[2]

A súa progresión permitiulle dar o salto a Europa, uníndose en 2017 ao equipo xuvenil do Granada.[2] Na tempada 2018/19 xogou cedido no Marbella, onde disputou 33 partidos da liga de Segunda División B e un da Copa do Rei, marcando dous goles.[3]

En 2019 o Watford fíxose cos seus dereitos e na tempada 2019/20 xogou de novo cedido no Marbella,[4] co que actuou en 21 partidos de liga, un da promoción de ascenso e dous da Copa do Rei, marcando un gol.

Na seguinte campaña saíu cedido á Ponferradina da Segunda División.[5] Debutou na segunda xornada contra o Albacete no Carlos Belmonte e disputou un total de 41 partidos de liga, 17 deles como titular, nunha tempada na que o equipo adestrado por Bolo acadou a oitava praza.

En xullo de 2021 anunciouse que o futbolista xogaría cedido unha cuarta tempada consecutiva, esta vez no Deportivo da Coruña, na nova Primeira División RFEF.[6] Debutou co club galego o 29 de agosto de 2021, no primeiro encontro da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[7] Tivo unha destacada actuación en dito partido, repartindo dúas asistencias nos goles de Miku e Quiles, e foi elixido mellor xogador do encontro.[8][9]

Continuou a un alto nivel durante o resto da competición e foi titular en tódolos encontros de liga agás dous, sendo o xogador máis destacado do Deportivo durante a tempada.[10][11][12] Na final da promoción de ascenso contra o Albacete, un preciso pase seu foi rematado á portería por Mario Soriano para facer o gol co que o Deportivo se adiantou no marcador, pero o Albacete acabou remontando e deixando ao equipo coruñés sen ascenso.[13] Pechou o seu paso polo club galego con 36 partidos, 1 gol e 13 asistencias.[12]

En xullo de 2022 anunciouse unha nova cesión do xogador, que regresou á Segunda División para xogar no Racing de Santander, que viña de ascender.[14] Disputou 29 partidos co club cántabro, 22 deles como titular, e logrou dous goles.

En xuño de 2023 foi traspasado ao Legia Warszawa, equipo da Ekstraklasa de Polonia.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández, Xurxo. "Juergen Elitim recupera el tiempo perdido". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Caballero Villa, Carlos (30 de xullo de 2017). "Mario Alvarado, dándolo todo para conquistar el sueño europeo" (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2021. 
  3. "El Marbella FC cierra los fichajes de Juergen Farid Elitim y Álvaro Montero" (en castelán). 17 de agosto de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2021. 
  4. "El Marbella FC confirma la cesión de Juergen del Watford por una temporada" (en castelán). 31 de xullo de 2019. Consultado o 14 de xullo de 2021. 
  5. "La Ponferradina hace oficial el fichaje de Juergen Elitim". Marca (en castelán). 9 de agosto de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2021. 
  6. "Juergen Elitim, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 9 de xullo de 2021. Consultado o 14 de xullo de 2021. 
  7. "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  8. "5-0. El colombiano Elitim despeja el camino a la manita del Dépor al Celta B" (en castelán). 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  9. "Juergen Elitim, Jugador Hyundai del Dépor-Celta B" (en castelán). 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  10. "El Deportivo peleará por volver a contar con Juergen Elitim" (en castelán). 18 de xuño de 2022. Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  11. González, Roberto (1 de xullo de 2022). "El Racing gana al Depor el pulso por Juergen Elitim". As (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  12. 12,0 12,1 "Juergen se despide del Deportivo: «Me voy siendo uno más de ustedes»". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xullo de 2022. Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  13. "O Deportivo perde contra o Albacete na prórroga e queda ás portas de volver a Segunda División". Nós Diario (en castelán). 11 de xuño de 2022. Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  14. "Juergen Elitim se incorpora a la plantilla del Racing 2022/23" (en castelán). 2 de xullo de 2022. Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  15. "Adiós a Juergen, que se va al Legia de Varsovia". As (en castelán). 23 de xuño de 2023. Consultado o 12 de outubro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]