Saltar ao contido

Juanra (futbolista, nado en 1995)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuanra
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1995 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
La Solana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Murcia
2013–   Albacete Balompié
2015– cesión:  Atlético Astorga Fútbol Club

Juan Ramón Gómez-Pimpollo López, coñecido simplemente como Juanra, nado en La Solana o 18 de xaneiro de 1995, é un futbolista castelán-manchego que xoga na posición de defensa central. O seu equipo actual é o Pontevedra Club de Fútbol da Primeira Federación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras completar a súa formación deportiva no Albacete Balompié, Juanra realizou o seu debut sénior co Atlético Albacete. A súa estrea co primeiro equipo tivo lugar o 11 de setembro de 2013, cando foi titular nun partido da Copa do Rei 2013/14 contra o Gimnàstic de Tarragona.[1] O 29 de setembro dese ano debutou na Segunda División B nunha vitoria do Albacete por 2-1 perante o Cacereño.[2]

Durante a tempada 2013/14 participou nun total de oito partidos e contribuíu ao regreso do Albacete á Segunda División despois de tres anos. O 1 de novembro de 2014 xogou o seu primeiro partido profesional contra a Unión Deportiva Las Palmas.[3] O 18 de agosto de 2015 foi cedido ao Atlético Astorga por unha tempada.[4]

O 18 de agosto de 2016 anunciouse a súa de Juanra do Albacete.[5] Dous días despois Juanra asinou un novo contrato co Atlético de Madrid B.[6] O 25 de xullo de 2017 fichou polo Real Murcia.[7] En xullo de 2018 pasou a formar parte do Club de Fútbol Talavera de la Reina.[8] No verán de 2020, tras dous anos no equipo castelán-manchego, Juanra foi anunciado como novo xogador da Unión Deportiva San Sebastián de los Reyes.[9]

O 19 de xullo de 2023 asinou contrato co Atlético Baleares.[10] En xullo de 2025 foi fichado polo Pontevedra Club de Fútbol da Primeira Federación.[11]

  1. "Nástic 1–1 Albacete: El Alba cae en la Copa del Rey en la tanda de penaltis". condospelotas.es (en castelán). 11 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 4 de novembro de 2014.
  2. "Albacete 2–1 Cacereño: Rubén Cruz rescata los tres puntos". condospelotas.es (en castelán). 29 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 4 de novembro de 2014.
  3. "La UD falla mucho ante el colista y acaba ganando por la mínima" (en castelán). Marca. 1 de novembro de 2014. Consultado o 14 de marzo de 2026.
  4. "Contratación del jugador Juan Ramón Gómez Pimpollo López" (en castelán). Atlético Astorga FC. 18 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2015.
  5. "Juanra abandona el Albacete" (en castelán). Aúpa Alba. 18 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2016.
  6. "‘Juanra’ Gómez-Pimpollo, nuevo jugador del Atlético de Madrid B" (en castelán). Atlético de Madrid. 20 de agosto de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2026.
  7. "Juanra refuerza la defensa grana" (en castelán). Real Murcia. 25 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2017.
  8. "El gran desconocido del Grupo IV ya ha hecho trece fichajes" (en castelán). Diario de Huelva. 16 de xullo de 2018. Consultado o 14 de marzo de 2026.
  9. "Juanra, nuevo defensa con experiencia para la UD Sanse" (en castelán). Diario de Sanse. 17 de xullo de 2020. Consultado o 14 de marzo de 2026.
  10. "Juanra es nuevo jugador del CD Atlético Baleares" (en castelán). CD Atlético Baleares. 19 de xullo de 2023. Consultado o 14 de marzo de 2026.
  11. "El Pontevedra CF ficha a los defensas Adrián Expósito y Juanra" (en castelán). Faro de Vigo. 7 de xullo de 2025. Consultado o 14 de marzo de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]