Juana de Aizpuru
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1933 ![]() Valladolid, España ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Arte contemporánea ![]() |
Lugar de traballo | Sevilla Madrid ![]() |
Ocupación | galerista, coleccionista de arte ![]() |
![]() |
Juana Domínguez Manso, coñecida como Juana de Aizpuru, nada en Valladolid o 22 de agosto de 1933, é unha galerista de arte española, pioneira do coleccionismo de arte contemporánea en España, que desenvolveu o seu labor principalmente en Andalucía e Madrid.
Foi a creadora e directora de ARCO,[1] a feira de arte contemporánea máis importante a nivel estatal, dirixíndoa desde a súa creación en 1982 até 1986. Presidiu a Asociación Española de Galerías de Arte Contemporánea e é membro da Xunta Directiva da Federación Española de Galerías de Arte. En 2003 creou a Bienal Internacional de Arte Contemporánea de Sevilla (BIACS), sendo a súa primeira directora.
É Filla Predilecta de Andalucía, conta coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes tamén foi nomeada Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras de Francia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Valladolid e trasladouse na súa infancia a vivir a Madrid. En 1955 contraeu matrimonio con Juan Aizpuru, trasladándose a vivir a Sevilla, onde en 1970 abriu a galería Juana de Aizpuru, que mantivo durante máis de trinta anos até que a pechou en 2002.[2] Entre 1977 e 1983 realizou un labor de axuda e mecenado a novos artistas andaluces, creando a bolsa Juana de Aizpuru.[3][4]
En 1979 propuxo a Ifema facer unha Feira, inaugurada en febreiro de 1982 co nome de ARCO, Feira Internacional de Arte Contemporánea de Madrid.[5] Foi a súa directora até 1986, cando dimitiu,[6] e foi relevada por Rosina Gómez Baeza.[5] En 1983 abriu a súa galería en Madrid e en 1991 foi elixida presidenta da Asociación Española de Galerías de Arte Contemporánea (actualmente chamado Consorcio de Galerías de Arte Contemporánea) e membro da Xunta Directiva da Federación Española de Galerías de Arte.[7]
En 2004, creou a Bienal Internacional de Arte Contemporánea de Sevilla (BIACS) e dimitiu en 2005 por mor de desacordos con varias decisións da Fundación que a dirixía.[2] Finalmente, a Bienal houbo de pechar na súa terceira edición a causa das débedas e, aínda que a galerista, que era Presidenta de Honor do Padroado,[8] foi exculpada, varios xestores e patróns foron inhabilitados durante dous anos por mala xestión.[9]
En 2012, realizou unha doazón da varias obras de artistas andaluces para seren expostas no Centro Andaluz de Arte Contemporánea (CAAC) de Sevilla.[10]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1985, Medalla de Ouro ás Belas Artes de Andalucía.[5]
- 1997, Medalla de Ouro de Belas Artes[11]
- 2008, Medalla "Caballero de la Orden de las Artes y las Letras de Francia".[5]
- 2011, Filla Predilecta de Andalucía.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Escardó, Carmes (7 de marzo de 2019). "Juana de Aizpuru: “Saber ver donde otros no ven y que el tiempo te dé la razón”". descubrirelarte.es (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Redacción (24 de marzo de 2005). "De Aizpuru dimite como directora de la Bienal de Arte Contemporáneo de Sevilla". elpais.com (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Los artistas lamentan el cierre de la galería Juana de Aizpuru, un "mito" del arte contemporáneo". El País (en castelán). 10 de xullo de 1998. ISSN 1134-6582. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Galería Juana de Aizpuru". masdearte. Información de exposiciones, museos y artistas (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gallego, Joaquín (30 de marzo de 2008). "Juana de Aizpuru, alma mater de lo contemporáneo". arteinformado.com (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Cañas, Gabriela (1 de abril de 1986). "Juana de Aizpuru: "Yo pensaba continuar en Arco hasta que la feria se consolidara, pero la situación es insostenible"". elpais.com (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Alfonso Guerra y la galerista Juana de Aizpuru, Hijos Predilectos de Andalucía". Europa Press (en castelán). 15 de febreiro de 2011. Consultado o 3 de novembro de 2017.
- ↑ Molina, Margot (7 de xuño de 2012). "La BIACS lucha por sobrevivir". elpais.com (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Martín-Arroyo, Javier (21 de xaneiro de 2016). "El fiasco de la Bienal de Arte de Sevilla acaba en condena". elpais.com (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ EP (18 de febreiro de 2012). "La galerista Juana de Aizpuru dona varias obras al CAAC sevillano". elpais.com (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ Redacción (13 de decembro de 1997). "Luis Feito, Jesús del Pozo y Juana de Aizpuru, medallas de Bellas Artes". elpais.com (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020.
- ↑ "Decreto 35/2011, de 15 de febrero, por el que se concede el título de Hija Predilecta de Andalucía a doña Juana Domínguez Manso". juntadeandalucia.es (en castelán). Boletín Oficial de la Junta de Andalucía, nº 49. 10 de marzo de 2011. Consultado o 14 de outubro de 2020.