Juan y Junior, foi un dúo musical español. Os seus integrantes son Juan Pardo Suárez, máis coñecido como Juan Pardo (Palma de Mallorca, 1942) e Antonio Morales Barretto, máis coñecido como "Junior" (Filipinas, 1943-2014).
Xuntos comezaron a súa carreira primeiro en Los Pekenikes e posteriormente en Los Brincos nos anos 60. Dous anos máis tarde deciden comezar a súa carreira como dúo. En outubro de 1967 formaron o dúo Juan y Junior. A súa discografía é breve (tan só seis sinxelos) pero chea de éxitos.
Un incidente ocorrido cando Juan, en ausencia de Junior, trata de corrixir unha gravación coa súa voz en lugar da do seu compañeiro, foi o desecandenante da súa extinción como dúo,[Cómpre referencia] tomando cada un deles carreiras en solitario: breve a de Junior e máis larga a de Juan Pardo, con éxitos como "A Charanga", "A miña Guitarra", "María Magdalena" etc.
Cabe apuntar que a canción "A dos niñas" foi creada pensando en Rocío Dúrcal e Marisol.
Junior casou con Rocío Dúrcal, sendo esta unha parella moi sólida, tivo tres fillos.