Xan da Coba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Juan de la Coba y Gómez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xan da Coba
D. Juan de la Coba Gómez (Orense).jpg
En 1897 Taxes –Xesta– fai un debuxo de Juan de la Coba, para Galicia Moderna, no que coloca de fondo un par de pancartas nas que figuran os títulos das obras escritas por este.[1]
Nacemento30 de marzo de 1813
 Ourense
Falecemento9 de novembro de 1899
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e inventor
XénerosPoesía, teatro
editar datos en Wikidata ]

Juan María de la Coba Gómez,[1] nado en Ourense o 30 de marzo de 1829 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1899, foi un escritor e inventor galego. Un dos animadores máis excéntricos da vida cultural de Ourense.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Perito agrimensor de profesión, foi ebanista, inventor e poeta. Recordado polo seu invento do Pirandárgallo, un paraugas universal, que segundo argumentaba, “bastaba poñelo aberto no curuto do Polo Norte para que as pingueiras da chuvia nin sequera chiscasen a panza do Ecuador da Esfera Terráquea”. Inventou tamén unha lingua, o trampitán. Escribiu dúas pezas teatrais en galego. O contido das súas obras era de calidade pésima e carentes de acción e de interese.[3]

Cerámica de Sargadelos fixo unha botella coa súa figura.[4][5]

Obras[editar | editar a fonte]

El Gracioso.
  • La Galiciana, 1861.
  • María Pita, 1863.
  • Avisos al labrador principales nociones de agricultura, 1867.
  • Grandes consejos: obra literaria de instrucción moral y recreativa, 1876.
  • Desengaños : obra moral y en verso contra el crimen, 1880.
  • Guerra en Melilla, 1888
  • Una permuta fatal, 1889
  • Juanita y Juan, 1890
  • Cervantes, 1894
  • Batalla de Lepanto, 1894
  • La trampitana, 1895
  • El conde y marqués, 1896
  • Cuba es de España, Razones de la ley, 1896
  • La fidelidad, 1897

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 El Gracioso de Juan de la Coba Gómez Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
  2. "Coba Gómez, Xan da". Diccionario enciclopédico galego universal 16. La Voz de Galicia. 2003-2004. pp. 88–89. ISBN 84-7680-429-6. 
  3. AAVV. "Coba Gómez, Xan da" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  4. Casares, Carlos (2000). Biografía de Don Juan de la Coba. «Os minilibros de Galaxia». ISBN 84-8288-354-2. 
  5. "Imaxe da botella de Sargadelos de Juan de la Coba y Gomez". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]