Juan Sarmiento Patiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Sarmiento Patiño
Nacemento23 de febreiro de 1911
Lugar de nacementoCabanas
Falecemento1 de agosto de 1997
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Juan Sarmiento Patiño nado o 23 de febreiro de 1911 en San Martiño do Porto (parroquia do concello de Cabanas) e finado o 1 de agosto de 1997, foi alcalde de Pontedeume desde 1940 ata 1970.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de cursar os estudos de Bacharelato por libre, preparouse para o ingreso na Escola de Máquinas da Armada. A instauración da II República Española en 1931 impídelle a súa aspiración, xa que logo o goberno republicano pechara a Escola.

Durante o período republicano exerce como mestre interino ata o comezo da guerra civil, na que participa na fronte de Asturias como voluntario no bando dos sublevados. Posteriormente, e tras o paso pola Academia de Suboficiais de León, acadou o grao de sarxento.

O 12 de decembro de 1940 foi nomeado alcalde de Pontedeume. Durante o seu longo mandato ata 1970, o concello mudou profundamente. Logo da súa marcha da alcaldía, o 17 de setembro de 1970, a nova corporación nomeouno Fillo Adoptivo de Pontedeume e deulle o seu nome a un parque da vila, en sesión do 30 de setembro de 1971.


Predecesor:
Germán Pérez Baamonde
 
Alcalde de Pontedeume
 
1940 - 1970
Sucesor:
Celestino Sardiña Fernández

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]