Juan Rodríguez Rodríguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1887 San Pedro, España |
Morte | 10 de abril de 1937 (49/50 anos) Manzaneda, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Manzaneda | |
1936 – 1936 – José Luis Blanco Vicente → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Mario de Langullo |
Juan Rodríguez Rodríguez nado en San Pedro (Cesuris, Manzaneda) en 1887 e finado no mesmo concello o 10 de abril de 1937, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de facer o servizo militar en 1910 marchou ao Brasil onde casou coa súa paisana Arsenia Losada. Regresaron a Galicia en 1913 pero volveron marchar a Brasil en 1915. En 1923 regresaron definitivamente e construíron casa e un muíño en Langullo. Afiliado ao PSOE. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro e despois alcalde de Manzaneda. Foi asasinado polos falanxistas de Langullo o 10 de abril de 1937.
Predecesor: ? |
Alcalde de Manzaneda 1936 |
Sucesor: José Luis Blanco Vicente |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Arsenia Losada e foi pai de Mario Rodríguez Losada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domínguez González, Xosé (1992). Mario de Langullo. O último fuxido. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
- Téllez, Antonio (2000). A guerrilla antifranquista de Mario de Langullo o Pinche. Vigo: A Nosa Terra. pp. 17–18. ISBN 84-95350-25-4.