Juan Rial de las Riberas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Rial de las Riberas
Biografía
Nacemento1847 Editar o valor em Wikidata
Vimianzo, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de febreiro de 1902 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Cee, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Juan Rial de las Riberas, nado en Vimianzo en 1847 e finado en Cee o 22 de febreiro de 1902,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Pedro Rial Mariño. Secretario municipal de Vimianzo e filántropo dese concello. Liberal, controlaba o distrito electoral de Corcubión. Foi deputado provincial polo distrito de Arzúa (1886). Foi desterrado a Carantoña, onde fundou as escolas e mellorou a localidade.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Manuela Mouzo, de Vimianzo, que morreu asasinada por un sobriño en xuño de 1898.[2] A súa filla, Manuela Rial Mouzo, casou con Perfecto Castro Canosa, de Cee.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 23-2-1902, p. 1.
  2. "De la región". La Idea Moderna (en castelán) (2276). 17 de xuño de 1898. p. 2. Consultado o 7 de xaneiro de 2022.