Juan Pablo Ventosa Franqués
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de setembro de 1964 San Salvador |
| Educación | Universidade Abat Oliba CEU |
| Director de tese | Gabriel Ginebra |
| Actividade | |
| Ocupación | economista |
| Sitio web | juanpabloventosa.com |
Juan Pablo Ventosa Franqués, nado en San Salvador (O Salvador) o 12 de setembro de 1964 é un economista e profesor español. Foi alto executivo no sector de consultoría internacional de recursos humanos e fundador de Human Performance, presente en España e México. É autor de Leadership Analytics.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutor en Economía e Empresa pola Universidade Abat Oliba CEU, en 2017 defendeu a tese Prácticas de excelencia en formación orientada a resultados. Un estudio representativo de empresas del IBEX 35, dirixida por Gabriel Ginebra.[2] Tras a súa graduación traballou na consultora EY, chegando a ser xerente de consultoría especializado en recursos humanos. Durante unha vintena de anos foi director xeral do grupo Epise, consultora de formación e desenvolvemento presente en cinco países.[3][4] [5] En 2013 fundou Human Performance, consultora en Talento e Eficiencia organizacional cunha rede de oficinas por España e México. Foi membro do Consello Asesor do Fomento do Traballo Nacional de Cataluña, da International Coaching Federation e da International Board of Standars for Training, Performance and Instruction.[6]
É profesor en EGADE Business School do Tech de Monterrey, [7] conferencista e colaborador en revistas e podcasts do sector de recursos humanos e talento: México Informa,[8] revista Legado (Tech de Monterrey),[9] revista Capital Humano,[10] revista Creando Valor RH,[11] Lunes Inspiradores, Erre Hache, Humanismo Digital, 18 minutos de...
Publicacións
[editar | editar a fonte]- “¡Se me van! Claves para la retención del talento” en VVAA Los diez retos de Silvia. (2011, Libros de Cabecera).[12]
- Leadership Analytics. Hacia un liderazgo consciente (2024, Profit editorial).
- "Retos de liderazgo en la familia empresarial", pp. 18- 19, Liderazgo, abril 2025.
- "Retos y tendencias: realidad de la gestión del talento. ¿Qué nos espera en los próximos meses?". Creando Valor RH, Xaneiro-febr. 2021.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ballesteros, Juan Emilio (2025-02-12). ""El liderazgo consciente nos permitirá construir las organizaciones del futuro"". Cambio16 (en castelán). Consultado o 2025-09-10.
- ↑ "Teseo". www.educacion.gob.es. Consultado o 2025-09-10.[Ligazón morta]
- ↑ "Congelará sus tarifas para impulsar la formación". Equipos&talento (en castelán). Consultado o 2025-09-10.
- ↑ "Dan sus mejores prácticas en Recursos Humanos". El Economista (en castelán). 2012-09-06. Consultado o 2025-09-10.
- ↑ "Expansión - Edicion Impresa". www.expansion.com. Consultado o 2025-09-10.
- ↑ "People". IBSTPI (en inglés). Consultado o 2025-09-10.
- ↑ "Juan Pablo Ventosa | EGADE Business School". egade.tec.mx (en castelán). Consultado o 2025-09-10.
- ↑ Informa, Mexico (2025-04-15). "Liderazgo 4.0, una respuesta humana a un mundo tecnológico: Juan Pablo Ventosa". México Informa (en castelán). Consultado o 2025-09-10.
- ↑ "Publicaciones sobre la empresa familiar Instituto de Familias Empresarias | Tecnológico de Monterrey". ifem.tec.mx (en castelán). Consultado o 2025-09-10.
- ↑ "Capital humano - Lista de Resultados". capitalhumano.laleynext.es (en castelán). Consultado o 2025-09-10.
- ↑ Amedirh, Redacción (2024-09-11). "“Métricas y liderazgo en la era de la Inteligencia Artificial”: Juan Pablo Ventosa, consejero, coach, consultor, conferencista y autor » AMEDIRH". AMEDIRH (en castelán). Consultado o 2025-09-10.
- ↑ "Expansión - Edicion Impresa". www.expansion.com. Consultado o 2025-09-10.