Juan Martínez Míguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1919 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1985 (65/66 anos) |
Juan Martínez Míguez, tamén coñecido como Vilafíns e Villafíns en lembranza do seu pai[1], nado en Santiago de Compostela en 1919 e finado na mesma cidade en 1985, foi un pintor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Único fillo do tamén pintor Lino José Martínez Villafínez, tivo un estilo pictórico semellante a el, de xeito que ás veces son confundidos. O 30 de marzo de 1941 fixo a súa primeira exposición de debuxos xunto a obras do seu pai no Centro Compostelán de Vigo[2], onde semella que obtivo un grande éxito, vendéndoo todo. O 30 de xuño deste ano inaugurou unha exposición con corenta e dúas obras, debuxos, acuarelas e pastel, no Salón da Unión Protectora de Artesáns, en Santiago[3], cunha magnífica acollida da crítica[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Asinaba Villafinez H. Arquivado 09 de abril de 2015 en Wayback Machine. ("Villafínez hijo").
- ↑ El Pueblo Gallego, 30-3-1941, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-7-1941, p. 5.
- ↑ El Compostelano, 3-7-1941, p. 1. Esta fonte afirma que foron expostas só trinta e oito obras.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Galantiqua (en castelán).