Juan Manuel Arias Jares
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1890 Viana do Bolo |
| Morte | 1971 Viana do Bolo |
| Outros nomes | Bailarón |
| Actividade | |
| Ocupación | médico, político |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español |
Juan Manuel Arias Jares, coñecido como Bailarón, nado en Viana do Bolo en 1890 e finado en 1971, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante do PSOE, foi fundador da Agrupación Local do PSOE de Viana do Bolo en 1931. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de depuración. Foi sancionado con multas, incautación de bens, cesamento e desterro na Merca durante sete meses. En 1944 foi elixido presidente do Liceo Vianés.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 5-2-1944, p. 7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Salgado, Jesús (2013). "Bailarón" Juan Manuel Arias Jares, el médico y el político. Biografía testimonial. Fradelo, Viana do Bolo.
- Simón Lorda, David (2010). Médicos ourensanos represaliados en la Guerra Civil y en la posguerra (PDF) (en castelán). Fundación 10 de Marzo. ISBN 978-84-937546-8-6.