Juan Maldacena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Maldacena

Juan Martín Maldacena (Caballito, Bos Aires, 10 de setembro de 1968) é un físico teórico arxentino. O seu campo principal é a teoría de supercordas —ou Teoría M—, na que en 1997 publicou a coñecida como «conxetura de Maldacena», «dualidade de Maldacena» ou correspondencia AdS/CFT (anti-de Sitter/conformal field theory),[1][2] que propón a equivalencia entre teorías de gravedade cuántica e calquera teoría conforme de campos baixo determinadas condicións que satisfán o principio holográfico.[3]

Formación[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Bos Aires, e logo no Instituto Balseiro en Bariloche, ata o 1991. Pasou despois a Princeton, onde comezou a colaboración con Nathan Seiberg e se graduou en 1996.

En 2020 é físico no Institute for Advanced Study en Princeton, Nova Jersey, USA.[1]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Sloan Fellowship (1998)
  • Packard Fellowship (1998)
  • Premio Unesco Husain para mozas e mozos científicos (1999)
  • Bolsas MacArthur (1999)
  • Premio Sackler en física (2000)
  • Premio Xanthopoulos en Relatividade Xeral (2001)
  • Medalla Pío XII (2002)
  • Premio APS Bouchet (2004)
  • Premio Dannie Heineman de Física Matemática (2007)
  • Premio Dirac (2008)
  • Medalla Oskar Klein (2012)
  • Premio Pomeranchuk (2012)
  • Premio en Física Fundamental de Yuri Milner (2012)
  • Premio Konex en Física e Astronomía (2013)
  • Medalla Lorentz (2018)
  • Medalla Albert Einstein (2018)
  • Medalla Galileo Galilei (2019)[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Lamb, Evelyn. "Taking a risk on theoretical physics". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2020-09-24. 
  2. Maldacena, Juan Martín (22 de enero de 1998). «The Large N Limit of Superconformal Field Theories and Supergravity». Adv. Theor. Math. Phys. 2:231-252,1998. Consultado el 28 de marzo de 2018. https://arxiv.org/pdf/hep-th/9711200.pdf
  3. Polchinski, Joseph (2007). Smolin, Lee; Woit, Peter, eds. "All Strung Out?". American Scientist 95 (1): 72–75. ISSN 0003-0996. 
  4. Clarín.com. "El físico argentino Juan Martín Maldacena recibirá la Medalla Galileo Galilei y solo le falta el Nobel". www.clarin.com (en castelán). Consultado o 2020-09-24. 
  5. "En su primera edición, la medalla Galileo Galilei es para Juan Martín Maldacena". www.lanacion.com.ar (en castelán). 2019-02-17. Consultado o 2020-09-24.