Juan Magán
Juan Magán | |
---|---|
![]() Juan Magán no 2012.
|
|
Nome completo | Juan Manuel Magán González |
Alias | Juan Magán |
Nacemento | 30 de setembro de 1978 |
Orixe | Badalona, Barcelona, España ![]() |
Ocupación(s) | DJ, cantante, produtor |
Xénero | house, electro house, hip hop, R&B, dance |
Selo(s) discográfico(s) | Sony Music |
Relacionado con | Pitbull, Don Omar |
Na rede | |
www.juanmagan.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Juan Manuel Magán González, máis coñecido como Juan Magán, nado en Badalona o 30 de setembro de 1978, é un produtor, cantante, remixer e dillei español de música electrónica, especialmente house, dancehall e hip hop, recoñecido internacionalmente polas súas contribucións na categoría de música "Electro Latino".
Como remixer, traballou con artistas como Paulina Rubio, Juanes, Nelly Furtado, Pitbull, Bob Sinclar ou Inna, entre outros.
O último éxito de Juan Magán foi o tema "Bailando por ahí", un dos maiores éxitos do verán 2011, que ocupou os postos máis altos da lista das cancións máis vendidas en España e foi Disco de Ouro e nº1 en 40 Principales e na lista Spotify España (onde acaparou tres dos dez primeiros postos)[1] con máis de seis millóns de visitas ao seu vídeo en YouTube[2].
Discografía[editar | editar a fonte]
- Álbums de estudo
- 2012: The King of Dance
- Sinxelos
- «Bailando Por Ahí»
- «Un Momento» con Inna
- «Bailando Por El Mundo» con Pitbull e El Cata
- «No Sigue Modas» (versión orixinal)
- «Ella no Sigue Modas» con Don Omar
- «Se Vuelve Loca»
- «Te Voy a Esperar» con Belinda
- «Join The Party» con Leticia
- «Angelito sin alas» con DCS
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|