Juan Luis Galiardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Luis Galiardo
Juan Luis Galiardo.jpg
Nome completoJuan Luis Galiardo Comes
Nacemento2 de marzo de 1940
LugarSan Roque
Falecemento22 de xuño de 2012
LugarMadrid
Causacancro de pulmón
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor de teatro, actor de cinema, produtor de cinema, actor de televisión, actor e produtor de televisión
Na rede
IMDB: nm0302080 Allocine: 76212 Allmovie: p25589 TCM: 67667
Musicbrainz: 1e29bd18-7da6-40f4-ab6f-fb8bf7308d99 Find a Grave: 92407413 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Juan Luis Galiardo, nado en San Roque (Cádiz) o 2 de marzo de 1940 e finado en Madrid o 22 de xuño de 2012, foi un actor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que comezou en Madrid estudos de Económicas e Enxeñaría Agrónoma decide abandonalos para dedicarse á interpretación e titúlase na hoxe desaparecida Escola Oficial de Cine.

Debuta en cine en 1960, iniciando a partir de aí unha etapa como galán, na que quedaría encasillado durante os anos 60 e 70.

Xa nos 80 traballa en México e ó seu regreso a España funda cuns amigos unha produtora, Penélope Films, desde a que xorden películas como El disputado voto del señor Cayo, de Antonio Giménez-Rico) ou a popular serie para televisión Turno de oficio, serie que bateu récords de audiencia no seu momento e que constitúe o seu traballo máis destacado en televisión xunto con outros como La Regenta, baseada na novela de Clarín, e Una gloria nacional, de Jaime de Armiñán entre outras.

Desde mediados dos 80 rompe co seu pasado de galán para interpretar todo tipo de papeis, tanto cómicos como dramáticos.

Ten traballado cos directores españois de maior prestixio, como é o caso de Carlos Saura, Luis García Berlanga, José Luis García Sánchez, Jaime de Armiñán, Antonio Mercero, José Luis Cuerda, Fernando Trueba, Pedro Lazaga, Antonio del Real ou Chumy Chúmez entre outros.

Tamén participou en multitude de proxectos a nivel internacional sendo dirixido por Charlton Heston, Ken Annakin, Enzo Castellari e Alberto Lattuada, ademais de traballar xunto a Sophia Loren, Silvana Pampanini, Geraldine Chaplin, Marisa Mell e Hildegarde Neil.

Tamén conta cunha extensa experiencia teatral.

No terreo persoal, estivo casado con Juana Prieto Martínez coa que tivo un fillo.

Películas[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Dobraxe[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]