Juan Liñares Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Liñares Castro
Biografía
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJuan Liñares Iglesias Editar o valor em Wikidata

Juan Liñares Castro, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Liñares Iglesias. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando a carreira en 1931[1]. Foi presidente da Junta de Subsidio Pro-combatiente de Ordes en 1938[2] e secretario de Falange[3]. Foi nomeado alcalde de Ordes en 1951[4]. Permaneceu no cargo até 1968. Foi deputado provincial. Despois foi xuíz de distrito até a súa xubilación en 1979.


Predecesor:
Jenaro González González
 
Alcalde de Ordes
 
1951 - 1968
Sucesor:
Antonio Concheiro Iglesias

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ángela Stolle Ramos e foi pai de dez fillos (María Jesús, Juan Pastor, Mario, Gemma, Ángel, Pilar, María de los Ángeles, Manuel, Antonio e Rosa Liñares Stolle).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 19-4-1932, p. 2.
  2. El Compostelano, 6-10-1938, p. 1.
  3. El Compostelano, 30-11-1938, p. 1.
  4. La Noche, 14-8-1951, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]