Juan Lastres García
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 Cee, España |
Morte | 11 de agosto de 1988 (72/73 anos) A Coruña, España |
Alcalde de Cee | |
xuño de 1942 – 1945 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Juan Lastres García, nado en Cee cara a 1915 e finado na Coruña o 11 de agosto de 1988, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Alejandro Lastres Carrera. Avogado en Cee. Foi nomeado alcalde de Cee en xuño de 1942. Permaneceu no cargo ata 1945. En marzo de 1945 aprobou as oposicións para o Corpo Técnico do Ministerio da Gobernación.[1] Foi nomeado oficial primeiro do Goberno civil de Pontevedra en xuño de 1945.[2] Despois foi xefe de Negociado de Facenda do Goberno civil da Coruña e foi nomeado Oficial maior do Goberno civil en outubro de 1956.[3] Finou na Coruña o 11 de agosto de 1988 con 73 anos.[4]
Predecesor: A Castro Rial |
Alcalde de Cee 1942 - 1945 |
Sucesor: Avelino Villaverde Paz |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Cerdeiras Seoane e foi pai de María Jesús e Amparo Lastres Cerdeiras.