Juan Juncal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan Juncal Rodríguez»)
Juan Juncal
Nacemento2 de xuño de 1958
Lugar de nacementoFerrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Juan Manuel Juncal Rodríguez, nado en Ferrol o 2 de xuño en 1958, é un político galego do Partido Popular de Galicia, deputado autonómico, alcalde de Ferrol, senador e deputado no Congreso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Papeleta para o Senado das Eleccións xerais de España de abril de 2019.

Foi alcalde de Ferrol dende o ano 2003 ata 2007, polo PPdG, ostentando o cargo de presidente provincial do mesmo partido. Foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 1997. Nas Eleccións xerais de 2008 presentouse como senador, e foi elixido co maior número de votos da provincia da Coruña. En 2011 revalidou o mesmo resultado. Presentouse de número 3 ao Congreso dos Deputados nas Eleccións xerais de 2015 e foi elixido. Nas Xerais de novembro de 2019 volveu ser elixido senador.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Xaime Bello
 
alcalde de Ferrol
 
2003 - 2007
Sucesor:
Vicente Irisarri