Xoán Xosé Plá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan José Pla»)
Infotaula de personaXoán Xosé Plá
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata (117/118 anos)
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xoán Xosé Plá Fernández, nado en Viveiro en 1906, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do farmacéutico viveirense Xosé Plá Zubiri e sobriño de Xoán Pla Zubiri. Farmacéutico en Viveiro. Durante a Segunda República militou no Partido Galeguista de Viveiro, ao que se afiliou en 1932 e foi secretario do Grupo Galeguista de Viveiro en 1936. Foi candidato galeguista nas eleccións a compromisarios para a elección do presidente da República en abril de 1936.[1] Foi nomeado director da Escola de Traballo de Viveiro.

No golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 atopábase en territorio leal á república e durante a Guerra Civil participou na creación das Milicias Populares Galegas, foi delegado do corpo de Carabineiros, e colaborou en Nova Galiza. En Barcelona foi secretario de asistencia de Solidaridade Galega Antifeixista. Coa fin da guerra civil fuxiu a Francia, incorporándose ao maquis. Logo da liberación de Francia estableceuse en Montauban.

En Francia foi un dos artífices da creación do Frente Liberador Gallego, ligado á loita guerrilleira, constituído en Tolosa a finais de 1944 e promovido por Enrique Líster e o PCE, e do que Plá foi presidente. Tivo un importante papel no nacemento do Bloque Repubricán Nazonal Galego. Foi representante do Partido Galeguista do interior no exilio. Mantivo unha liña de desconformidade coa actuación política de Castelao. Tamén estivo na nómina dos servizos de información do PNV. A última noticia sobre Plá é a súa participación nos actos de apoio que se desenvolveron no sur francés contra a sentenza de morte de seis activistas de ETA a finais de 1970.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 29-4-1936, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]