Juan José Gómez Del Cura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan José Gómez Del Cura
Información persoal
Nacemento 26 de abril de 1953
  Madrid
Nacionalidade España
Posición centrocampista
editar datos en Wikidata ]

Juan José Gómez Del Cura, nado o 26 de abril de 1953 en Madrid é un ex-futbolista que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a destacar no Algeciras CF,de onde pasou ao Recreativo de Huelva, porén sería fichado polo Celta de Vigo, antes do remate da tempada 1974/75.

Co Celta debutou en Primeira División o 7 de novembro de 1976 ante o Real Madrid, porén o primeiro ano en Vigo transcorrería en Segunda División conseguindo o ascenso ese mesmo ano.

Nas nove tempadas que militou no Celta o equipo cambiou de categoría en todas elas, disputando tres tempadas en Primeira, cinco en Segunda e mesmo unha en Segunda División B. Un dato característico foi que o máximo goleador do equipo na tempada 1976/77 foi o porteiro arxentino Carlos Fenoy con cinco tantos. O seu mellor ano sería a tempada 1981/82 na que xoga 36 encontros e anota 15 goles.

En 1984 rompe a súa vinculación co Celta despois de 195 encontros e 43 goles.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]