Juan José Dieste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan José Dieste Ortigueira»)
Juan José Dieste
Juan José Dieste en 2012.
Nacemento1963
Lugar de nacementoBoiro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Juan José Dieste Ortigueira, nado en Escarabote en 1963, é un político galego, dende xuño de 2011 ata xuño de 2019 foi alcalde do concello de Boiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou na industria conserveira local, na empresa Jealsa, dirixida á súa vez polo que fora alcalde popular de Boiro Jesús Alonso Fernández.

Afiliado ao Partido Popular de Galicia dende 1988, presentouse nas listas desa formación ás eleccións de 1999 e 2003, saíndo elixido concelleiro nesta última ocasión, situándose o grupo na oposición e exercendo de portavoz municipal dende setembro de 2005. Trala renuncia de Luís Blanco Vila, foi cabeza de cartel á alcaldía nas eleccións de 2007, colleitando os peores resultados do PP en Boiro en 16 anos, ao obter unicamente 6 concelleiros, ante o cal continuou como líder da oposición.

Repetiu candidatura á alcaldía en 2011, onde nesta ocasión conseguiu o bastón de mando ao recadar o 45% dos votos e maioría absoluta de concelleiros. Nas eleccións de 2015 volveu ser elixido con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta e non acadou a alcaldía, que foi para José Ramón Romero García do PSdeG[1]. En decembro de 2021 foi relevado das súas funcións como presidente local e portavoz do PPdeG en Boiro, por parte da dirección provincial do partido.


Predecesor:
Xosé Deira Triñanes
 
Alcalde de Boiro
 
2011 - 2019
Sucesor:
José Ramón Romero García

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]