Juancho Hernangómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan Hernangómez»)
Juancho Hernangómez
Panathinaikos  – No. 41
Información persoal
Nacemento 28 de setembro de 1995 (28 anos)
España Madrid
Nacionalidade España España
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 97 kg (214 lb)
Posición Ala-pivote / Ala
Información da carreira
NBA Draft 2016 / Rolda: 1 / Elección: 15
Por Denver Nuggets
Carreira desde 2014
Historial de equipos
Estudiantes (2014–2016)
Denver Nuggets (2016–2020)
Minnesota Timberwolves (2020–2021)
Boston Celtics (2021–2022)
San Antonio Spurs (2022)
Utah Jazz (2022)
Toronto Raptors (2022–2023)
Panathinaikos (2023–presente)

Juan Alberto "Juancho" Hernangómez Geuer, nado o 28 de setembro de 1995 en Madrid, é un xogador de baloncesto profesional español que xoga no Panathinaikos BC grego.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

En 2012, Hernangómez asinou o seu primeiro contrato profesional co CB Estudiantes, e xogou no segundo equipo ata 2014, cando foi ascendido ó primeiro equipo.[1] Na tempada 2015-16, Hernangómez acadou 9.7 puntos e 5.7 rebotes en 34 partidos, e foi elixido coma mellor xogador novo da ACB.[2]

O 24 de xuño de 2016, Hernangómez foi escollido na 15ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Denver Nuggets.[3] O 9 de agosto de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Nuggets.[4]

O 5 de febreiro de 2020, Hernangómez foi traspasado ós Minnesota Timberwolves nun traspaso entre catro equipos no que tamén participaron os Atlanta Hawks e os Brooklyn Nets.[5]

O 25 de agosto de 2021, Hernangómez e Jarrett Culver foron traspasados ós Memphis Grizzlies a cambio de Patrick Beverley.[6] Pouco despois, o 15 de setembro, foi traspasado de novo, desta vez ós Boston Celtics, a cambio de Kris Dunn, Carsen Edwards e o dereito a intercambiar eleccións da segunda rolda do Draft de 2026.[7]

O 19 de xaneiro de 2022, Hernangómez foi traspasado ós San Antonio Spurs nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Denver Nuggets.[8] Tras participar en tan só 5 partidos cos Spurs, foi traspasado de novo o 9 de febreiro de 2022, desta vez ós Utah Jazz.[9]

O 9 de febreiro de 2022, Hernangómez foi traspasado ós Utah Jazz nun traspaso entre tres equipos.[10] O 30 de xuño de 2022, foi cortado polos Jazz.[11]

O 27 de xuño de 2022, Hernangómez asinou un contrato dun ano cos Toronto Raptors.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "JUANCHO HERNANGOMEZ basketball profile". Eurobasket.com. Consultado o 9 de marzo de 2016. 
  2. "Juancho Hernangomez named best young player of ACB season". Sportando.com. 18 de maio de 2016. Consultado o 18 de maio de 2016. 
  3. "Denver Nuggets Select Murray, Hernangomez and Beasley in First Round of 2016 NBA Draft". NBA.com. 24 de xuño de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2016. 
  4. "Nuggets Sign Murray, Hernangomez and Beasley". NBA.com. 9 de agosto de 2016. Consultado o 9 de agosto de 2016. 
  5. "Minnesota Timberwolves Acquire Brooklyn Nets' 2020 First Round Pick from Atlanta Hawks, Malik Beasley, Juancho Hernangomez and Jarred Vanderbilt from Denver Nuggets in 12-Player, Four-Team Trade". NBA.com. 5 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 
  6. "Grizzlies acquire Jarrett Culver and Juancho Hernangomez from Timberwolves". NBA.com. 25 de agosto de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2021. 
  7. "Celtics Acquire Juancho Hernangómez in Three-Player Trade with Grizzlies". NBA.com. 15 de setembro de 2021. Consultado o 15 de setembro de 2021. 
  8. "Spurs acquire Juancho Hernangómez & second round pick". NBA.com. 19 de xaneiro de 2022. 
  9. "Jazz Acquire Alexander-Walker and Hernangomez". NBA. Consultado o 9 de febreiro de 2022. 
  10. "Jazz Acquire Alexander-Walker and Hernangomez". NBA. Consultado o 9 de febreiro de 2022. 
  11. "Utah Jazz waive Juancho Hernangomez, as roster reshaping continues". The Salt Lake Tribune. Consultado o 30 de xuño de 2022. 
  12. "Toronto Raptors on Twitter: "Welcome to the North Side, @juanchiviris41 #WeTheNorth"". Twitter. Consultado o 28 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]