Juan García Míguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan García Míguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoVentosela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Juan García Míguez, nado en Ventosela (Ribadavia), foi un labrego e agrarista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Labrego propietario de Ventosela. Dirixente da Sociedad Agraria de San Paio de Ventosela, participou na loita agrarista con Basilio Álvarez, combatendo a fraude do viño do Ribeiro.[1] Deu unha conferencia na Casa de Galicia de Madrid presentado por Liñares Rivas.[2] En 1917 emigrou a Cuba cos tres fillos co proxecto de poñer un almacén de viños.[3] O almacén, co nome de La Tierra Agraria estaba instalado na rúa San Ignacio 106 da Habana.[4] Fracasou por problemas co transporte do viño desde Galicia. Foi elixido presidente da sociedade Ribadavia y su Comarca da Habana en 1926.[5] Retornou a Ventosela a finais dos anos vinte e continuou co seu labor no Sindicato Agrario, do que foi presidente en 1933 e 1934.[6] Participou no Congreso Agrario provincial de Ourense en novembro de 1933.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Galicia, 23-3-1917, p. 2.
  2. Eco de Galicia, 20-9-1917, p. 19.
  3. Eco de Galicia, 1-9-1917, p. 20.
  4. Eco de Galicia, 3-4-1921, p. 30.
  5. Heraldo de Galicia, 21-3-1926, p. 8.
  6. El Pueblo Gallego, 7-3-1934, p. 8.
  7. El Tea, 4-11-1933, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]