Juan Francisco Miguélez Blanco
Juan Francisco Miguélez Blanco | |
---|---|
Nome completo | Juan Francisco Miguélez Blanco |
Nacemento | 1833 |
Lugar de nacemento | Astorga |
Falecemento | 1 de marzo de 1891 |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | sacerdote católico e xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Francisco Miguélez Blanco, nado en Astorga cara a 1833 e finado no mesmo concello o 1 de marzo de 1891, foi un sacerdote e xornalista español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo a carreira eclesiástica no Seminario de Astorga. Foi coéngo maxistral da catedral de Mondoñedo onde dirixiu o periódico La Juventud. Foi denunciado por inxurias nun artigo aparecido no periódico en 1885 por Justo Rodríguez Alba,[1] Foi condenado pola Audiencia a sete meses de desterro e 250 pesetas de multa.[2] Foi nomeado cóengo de Astorga a principios de 1886,[3] e foi reitor do Seminario da Astorga. Finou en Astorga o 1 de marzo de 1891 aos 56 anos.[4]