Juan Fernández Merino
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1872 ![]() As Pontes de García Rodríguez, España ![]() |
Morte | 28 de setembro de 1942 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
![]() |
Juan Fernández Merino, nado nas Pontes de García Rodríguez cara a 1872 e finado na Coruña o 28 de setembro de 1942, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Emigrou a América sendo neno. Percorreu o Brasil, o Uruguai e a Arxentina e finalmente fixou a residencia na Habana, onde se dedicou á docencia, foi redactor de La Tierra Gallega e publicou poemas en Galicia e outros periódicos galegos da illa co pseudónimo Fernán Minero. A principios do século XX retornou a Galicia e instalouse na Coruña, traballando como funcionario da Xefatura de obras públicas da provincia. En 1912 estreou na Coruña o apropósito Películas locales, escrito con José Llópiz. Fundou e dirixiu Coruña Cómica e colaborou en Vida Gallega, Galicia Pintoresca[1] e o suplemento literario "Nós. Páxinas gallegas do diario da Cruña El Noroeste". En 1918 acadou un premio en Lugo co poema "¡Galicia!". O 28 de agosto de 1919 estreou na Coruña Xan da Cruña e o 12 de marzo do ano seguinte o poema simbólico Dorinda Galicia, que despois retocou e aumentou converténdoo en drama. Publicou un relato en El Eco de Galicia de Buenos Aires, titulado "Os olláparos da corte" e dous textos en El Eco de Galicia da Habana, "A terra dos porcos" e "¡¡Reerguervos!! Fala un labrego d'a Cruña".[2]
Finou na Coruña o 28 de setembro de 1942 con 70 anos.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Mercedes López Domínguez en 1912.[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nuestros colaboradores" en Galicia Pintoresca, 47-48, 12-3-1918, p. 5.
- ↑ El Eco de Galicia (A Habana), nº 832, 4 de xuño de 1898
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 29-9-1942, p. 3.
- ↑ La Correspondencia Gallega 26-11-1912, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Juan Fernández Merino |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Fernández Merino, Xoán". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela: CIRP. 2003. pp. 111–112. ISBN 84-453-3736-X.
- Carré Aldao, Eugenio (1903). La literatura gallega en el siglo XIX (en castelán). Coruna: Librería regional de Carré. pp. 90–92.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 58.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.