Juan Eslava Galán
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2025.) |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1948 ![]() Arjona, España ![]() |
Educación | Facultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, catedrático ![]() |
Período de actividade | 1975 ![]() |
Empregador | Aston University (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Nicholas Wilcox ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | juaneslavagalan.com ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Juan Eslava Galán, nado en Arjona, Xaén, o 7 de marzo de 1948, é un escritor español do xénero histórico, tanto de ficción como de non ficción. Saltou á popularidade coa obtención do Premio Planeta en 1987. Publicou algunhas novelas baixo o pseudónimo de Nicholas Wilcox.
Biografía
[editar | editar a fonte]Fillo de olivareiros, estudou nos colexios de Arjona ata que, ao cumprir o dez anos, a súa familia se trasladou a Xaén, onde proseguiu o bacharelato. Estes primeiros anos de estudos quedaron plasmados na súa novela Escuela y prisiones de Vicentito González.
Cursou Filosofía e Letras na Universidade de Granada, licenciándose en Filoloxía Inglesa, e logo realizou unha viaxe ao Reino Unido co obxectivo de ampliar os seus estudos. Alí estivo a vivir en Bristol e Lichfield, e foi alumno e profesor asistente na Universidade de Aston, Birmingham.
Ao seu regreso obtivo unha cátedra de Instituto de Bacharelato e, posteriormente, doutorouse na Universidade de Granada cunha tese sobre Poliocértica y fortificación bajomeideval en el Reino de Jaén. É membro do Instituto de Estudos Giennenses.
A súa novela máis coñecida é En busca del unicornio, que gañou o Premio Planeta en 1987 (2.ª ed. corrixida e ampliada en 2007), impulsando notablemente a súa carreira literaria.
Declárase un apaixonado da Idade Media, como pode verificarse facilmente pola temática da súa obra. A súa bibliografía comprende case un centenar de libros, de narrativa, divulgación histórica, biografía e ensaios, entre os que destacan os seus moi irónicas Historia de España contada para escépticos e El catolicismo explicado a sus ovejas, entre outros títulos.
Autor prolífico, pode publicar ao ano dúas novelas ademais de libros doutros xéneros. Tanto novelista como ensaísta, fai gala dun particular sentido do humor, ás veces satírico.
Como narrador, opta polos xéneros da novela histórica, a fantasía e o misterio. Entre as primeiras destacan especialmente En busca del unicornio, ambientada no reinado de Enrique IV o Impotente, valéndose dunha prosa de resaibo medieval; El comedido hidalgo, que reflicte con ecos cervantinos a España de fins do século, ou La mula e Señorita, cuxas tramas se desenvolven durante a guerra civil española. Ademais, baixo o pseudónimo de Nicholas Wilcox, que é máis ben un heterónimo con fotografía falsa mesmo, escribiu varias novelas que el mesmo non dúbida en cualificar como de estilo best-seller. Foi creado nun principio polo medo a defraudar aos seus lectores, pois o estilo e a narración das novelas de Wilcox son realmente moi diferentes ás de Eslava Galán.
O seu libro recente de maior éxito é Una historia de la guerra civil que no va a gustar a nadie, que narra os sucesos máis relevantes do conflito fratricida español dun modo a medio camiño entre a crónica xornalística e a novela histórica; tamén destaca La conquista de América contada para escépticos, na que trata de clarificar un tema infestado de fanatismos e de medias verdades.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- En busca del unicornio, 1987
- Catedral, 1989
- El mercedes del obispo y otros relatos edificantes, 1990
- Cuentos crueles, 1990
- Tu magistral amor, 1990
- El viaje de Tobías, 1992
- Statio Orbis (El magno evento), 1995
- El comedido hidalgo, 1994
- Escuela y prisiones de Vicentito González, 1999
- Señorita, 1998
- Los dientes del dragón, 2001
- La mula, novela, 2003
- La muerte de la abuela, novela, 2003
- El mercenario de Granada, 2006
- Rey lobo, 2010
- Últimas pasiones del caballero Almafiera, novela, Planeta, 2012
- Misterioso asesinato en casa de Cervantes, Planeta, 2015 (Premio Primavera de Novela)
- El amor en el jardín de las fieras, novela, 2016, Editorial Espasa
- Novelas como Nicholas Wilcox
- Los templarios y la Mesa de Salomón, 2004
- La sangre de Dios, 2001
- Las trompetas de Jericó, 2000
- Los falsos peregrinos, 2000
- La lápida templaria, 1996
Historia e divulgación
[editar | editar a fonte]- Cinco tratados españoles de alquimia, 1986
- Roma de los césares, 1988
- Verdugos y torturadores, 1990
- Grandes batallas de la historia de España, 1990
- La vida y la época de los Reyes Católicos, 1996
- Los Reyes Católicos, 2004
- Los íberos. Los españoles como fuimos, 2004
- Califas, guerreros, esclavas y eunucos. Los moros en España, 2008
- Enciclopedia eslava, 2017
- Una historia de toma pan y moja, 2018
- La Tentación del Caudillo, 2020
- Viaje a Tierra Santa, Planeta, 2022.
Biografías
[editar | editar a fonte]- Jofra, 1975
- Yo, Aníbal, 1988
- Yo, Nerón, 1989
- Julio César, el hombre que pudo reinar, 1995
- Cleopatra, la serpiente del Nilo, 1993
Lendas e enigmas
[editar | editar a fonte]- Templarios, griales, vírgenes negras y otros enigmas de la Historia, Planeta, 2011
- La lápida templaria descifrada, 2008
- España insólita y misteriosa, 2006
- El fraude de la Sábana Santa y las reliquias de Cristo, 1997
- Los templarios y otros enigmas medievales, ensayo, 1992
- El enigma de Colón y los descubrimientos de América, 1992
- Tartessos y otros enigmas de la historia, 1991
- Leyendas de los castillos de Jaén, 1982
- La leyenda del Lagarto de la Malena y los mitos del dragón, 1981
- El enigma de la Mesa de Salomón, 1987
Viaxes
[editar | editar a fonte]- 1000 sitios que ver en España al menos una vez en la vida, 2009
- Viaje a los escenarios del capitán Alatriste, 2006
- Viaje a la costa de las ballenas, 2006
- El paraíso disputado. Ruta de los castillos y las batallas, ensayo, Guías Aguilar, 2003
- Otro Jaén (1999)
Serie histórica para escépticos
[editar | editar a fonte]- Historia de España contada para escépticos, ensayo, 1995
- Historia del mundo contada para escépticos, ensayo, Planeta, 2012
- La Segunda Guerra Mundial contada para escépticos, divulgación histórica, Planeta, Juan Eslava Galán 2015
- La Primera Guerra Mundial contada para escépticos, divulgación histórica, Planeta, Juan Eslava Galán 2014
- Una historia de la guerra civil que no va a gustar a nadie, 2005
- El catolicismo explicado a las ovejas, 2009
- La revolución rusa contada para escépticos, divulgación histórica, Planeta, 2017
- La conquista de América contada para escépticos, 2019
- La Biblia contada para escépticos, 2020
- Enciclopedia Nazi contada para escépticos, 2021
- La Reconquista contada para escépticos, 2022
- La Revolución Francesa contada para escépticos, 2023
- La Revolución Rusa contada para escépticos (novela gráfica), 2023
Historia de Andalucía
[editar | editar a fonte]- Viaje por el Guadalquivir y su historia. De los orígenes de Tarteso al esplendor del oro de América y los pueblos de sus riberas, divulgación histórica, Esfera de libros, 2016
- Las ciudades de la Bética, ensayo, Fundación José Manuel Lara, 2012
- Un jardín entre olivos (Las rutas del olivo en España. Masaru en el olivar III), ensayo, 2002
- Las rutas del olivo en Andalucía (Masaru en el olivar II), 2001
- Las rutas del olivo en Jaén (Masaru en el olivar I), 1999
- Guadalquivir, 1990
Poliorcética
[editar | editar a fonte]- Castillos y murallas del Reino de Jaén, 1989
- Los castillos de Jaén, ensayo, Universidad de Jaén, 1999
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Historias de la Inquisición, 1992
- 50 estampas de la historia de España, ensayo, Círculo de Lectores, 2013
- Friary Grange School. Estudio de una comprehensive school inglesa, 1978
- La madre del cordero, divulgación artística, Planeta, 2016
- Avaricia, Destino, 2015
- Socioloxía
- Santos y pecadores. Álbum de recuerdos de los españolitos del siglo XX, ensayo, Planeta, 2002
- Los años del miedo, 2008
- La década que nos dejó sin aliento, Planeta, 2011
- La España del 98. El fin de una era, 1997
- La España de las libertades, 1997
- De la alpargata al seiscientos, Planeta, 2010
- Tumbaollas y hambrientos. Los españoles comiendo y ayunando a través de la historia, 1997
- Sobre o sexo
- Historia secreta del sexo en España, 1992
- El sexo de nuestros padres, 1993.
- Coitus interruptus, 1997
- La vida amorosa en Roma, 1996.
- Amor y sexo en la antigua Grecia, 1997
- Lujuria, Destino, 2015
- Homo erectus, Planeta, 2011
Cociña
[editar | editar a fonte]- Cocina sin tonterías, con Diana Eslava; Planeta, 2013
Poesía
[editar | editar a fonte]- Sonetos (2005)
- Traducción de T. S. Eliot, «El yermo», en Antología de poesía inglesa (siglos XVI-XIX) bilingüe Ed. de Ramón López y Román Álvarez (1991). Salamanca.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Planeta (1987) por En busca del unicornio
- Premio Chianti Ruffino - Antico Fattore 1988 por En busca del unicornio traducida ao italiano
- Premio Fernando Lara (1998) por Señorita
- Premio Andalucía da Crítica (1998) por Señorita
- Premio Ateneo de Sevilla (1994) por El comedido hidalgo
- Premio Primavera de Novela (2015) por Misterioso asesinato en casa de Cervantes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ V, Isaac (2020-01-28). "▷ La Conquista de América Contada para Escépticos". Libros de Historia (en castelán). Consultado o 2025-01-23.