Juan Delgado Criado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Delgado Criado
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
Malpica de Bergantiños, España Editar o valor em Wikidata
Morte2010 Editar o valor em Wikidata (102/103 anos)
Temuco, Chile Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Juan Ignacio Delgado Criado, nado en Malpica de Bergantiños en 1908 e finado en Temuco (Chile) en 2010, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do secretario xudicial de Malpica e da mestra Ramona Criado Orellana, era o cuarto dunha familia de doce irmáns. Auxiliar do secretario do xulgado de Malpica de Bergantiños e contador do Pósito. Foi presidente de Izquierda Republicana de Malpica. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendído polo gobernador civil o 30 de xuño de 1937 como secretario do Pósito, xunto co secretario da corporación Ramón Astray Labarda, dous oficiais do concello e a destitución do alcalde Pedro Grela Viqueira.[1] Fuxiu de Malpica en agosto de 1938 na evasión do Rocío. Xulgado en Ferrol por rebelión militar, foi declarado en rebeldía. Ingresado no Campo de concentración de Argeles. Marchou a Buenos Aires no Winnipeg e de alí pasou a Valparaiso (Chile), onde entrou a traballar no Banco Español. En 1955 trasladouse a Allipén e dedicouse ao cultivo de trigo. Desde 1992 residiu en Temuco coa súa filla, onde morreu aos 102 anos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1949 con Paz Mera Pérez, e tivo dous fillos: Juan Amador e María Cristina.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 1-7-1937, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]