Juan Antonio Porto
Juan Antonio Porto | |
---|---|
Nacemento | 1937 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 16 de febreiro de 2021 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Oviedo |
Ocupación | guionista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Antonio Porto Alonso, nado na Coruña o 10 de xaneiro de 1937 e finado en Madrid o 16 de febreiro de 2021[1], foi un guionista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Diplomado en dirección pola Escuela Oficial de Cinematografía. Escritor de guións cinematográficos, foi colaborador habitual de cineastas como Pilar Miró e Pedro Olea en películas como El crimen de Cuenca, Beltenebros, El bosque del lobo, La casa sin fronteras e La Corea. Destacado especialmente na adaptación de obras literarias, como La Regenta, de Gonzalo Suárez; a citada Beltenebros ou a serie televisiva La forja de un rebelde, de Mario Camus. É autor de ensaios e textos sobre temas cinematográficos. Impartiu clases na Escuela de Cine de la Comunidad de Madrid. O seu guión máis recente foi La conjura de El Escorial, de Antonio del Real.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
En febreiro de 2009 o Consello de Ministros de España outorgoulle a Medalla de Ouro ó mérito nas Belas Artes.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Juan Antonio Porto na IMDb (en inglés).