Juan Antonio Ortega Lara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ortega
Información persoal
Nome Juan Antonio Ortega Lara
Nacemento 22 de decembro de 1922
Lugar de nacemento Lopera
Altura 1,69 m.
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1944–1945 Deportivo da Coruña 5 (0)
1946–1947 Murcia 22 (0)
1948–1954 Valladolid 167 (4)
1955–1956 Deportivo da Coruña 6 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Juan Antonio Ortega Lara, nado en Lopera (Xaén) o 22 de decembro de 1922, foi un futbolista español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1944–45 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División, xogando tan só 5 partidos nunha campaña na que o mediocampo coruñés estaba formado por Manuel Guimeráns, Eduardo Viso e Cuqui Bienzobas como os habituais. Ese ano, o equipo adestrador por Lafuente descendeu a Segunda División.

Na tempada 1946–47 retornou de novo á máxima categoría, esta vez co Real Murcia, xogando ese ano 22 partidos. Ese ano o equipo murciano descendeu a Segunda División.

Na tempada 1948–49 atopou a continuidade no Real Valladolid, onde militou 6 campañas, todas en Primeira División. No seu primeiro ano lograría o seu primeiro gol na máxima categoría. Sumou un total de 167 encontros e 4 goles nese tempo.

Na tempada 1955–56 retornou ao Deportivo da Coruña, participando tan só en 6 partidos e logrando un gol. Ese ano o club coruñés, que nesa campaña tivo 3 adestradores, xogou cun mediocampo formado por Manuel Lechuga e Juananco como habituais. Salvouse do descenso por 1 punto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]