Juan Antonio Graíño Amarelle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Antonio Graíño Amarelle
Nacemento1921
 Ponteceso
Falecemento1978
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico e avogado
editar datos en Wikidata ]

Juan Antonio Graíño Amarelle, nado en Ponteceso o 14 de xuño de 1921 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1978, foi un político e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou os estudos de bacharelato no colexio Apostol Santiago de Vigo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1945. Foi empresario agrícola e presidente da Cámara Sindical Agraria da Coruña desde 1971, vicepresidente da Asociación de Gandeiros da Coruña e presidente de Agrupor (Asociación de Propietarios de Montes). Militante do Partido Gallego Independiente, nas Eleccións Xerais de 1977 acadou a acta de senador pola provincia da Coruña nas listas da UCD. En 1978 foi nomeado conselleiro de agricultura da Xunta de Galicia provisoria, aínda que morre algo despois en accidente de tráfico.


Predecesor:
non houbo
 Escudo de Galicia.svg
conselleiro de Agricultura
 
1978
Sucesor:
'

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]